Verán

Os campamentos tecnolóxicos de La Molinera rematan esta semana cun curso sobre drons

deportes11-archive-2017-10-27-2op6682
photo_camera Imaxe dun dron nun simulacro de rescate no encoro de As Conchas.

Do 23 ao 27 de xullo, un total de 30 menores aprenderán sobre estes aparellos, nunha actividade que lles permitirá acceder á pilotaxe dos mesmos 

Os Campamentos Tecnolóxicos de La Molinera rematarán esta semana co último dos cinco cursos programados polo Concello de Ourense para achegar as novas tecnoloxías aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos.

Do 23 ao 27 de xullo, un total de 30 menores aprenderán sobre drons, nunha actividade que lles permitirá acceder á pilotaxe de drons e a un simulador de drons.  

É o quinto dos campamentos organizados neste verán en horario de 09:30 a 13:45 horas e polos que pasaron un total de 150 menores, o que convirte esta actividade no campamento tecnolóxico máis importante que se celebra en Galicia, polo número de participantes e pola ampla oferta formativa.

A través desta actividade a Concellería de Promoción Económica aposta por promover o achegamento e democratización das novas tecnoloxías entre a xente máis nova.

Así, dende a última semana de xuño até a última de xullo, os alumnos puideron experimentar co mundo audiovisual, na última semana de xuño; ser participes de inmersións en Realidade Virtual, na primeira semana de xullo; crear mundos dixitais onde van vivir a través da arquitectura 3D, na segunda semana de xullo; prototipar novas solucións e videoxogos coa robótica, a 3ª semana de xullo; e finalizar xullo deixando voar a súa imaxinación pilotando drons.

 

Te puede interesar