COMERCIO OURENSE

A campaña 'As compras na túa vila teñen premio' repartiu en Ourense 4.000 euros

09.10.15.OURENSE.XARDINILLOS PADRE FEIJOO.ACTO DE CLAUSURA ENTREGA DE PREMIOS COMERCIO.
photo_camera Acto de entrega de premias de la campaña del comercio de Ourense. (MARCOS ATRIO)

A iniciativa estivo activa dende o 28 de setembro, e tivo unha boa recepción entre comerciantes e usuarios

A Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio de Ourense, ABANCA e Xunta de Galicia celebraron esta tarde o acto final da campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, tivo lugar en Ourense entre o 28 de setembro e o 9 de outubro.

O acto final da campaña contou coa actuación do mago cómico Rey Midas. A continuación tivo lugar o sorteo de 4.000 euros en premios (cinco tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas regalo de 100 euros). O sorteo contou coa asistencia do presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; o seu homólogo na Federación de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez; a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal; o alcaldese de Ourense, Jesús Vázquez; e o jefe de zona de ABANCA, Carlos Diez; entre outros.

A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” estivo organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Consellería de Economía e Industria, ABANCA e Grupo Femxa. Este ano, na súa oitava edición, desenrolouse en catro cidades galegas.

Te puede interesar