FORMACIÓN

O Campus abre o prazo para participar en 13 obradoiros

"As novidades este ano son obradoiros de intervención asistida por cans/cadelas; de fotografía e xénero e de alcol e menores", explica Filemón Rivas, responsable de Actividades Culturais do Campus

O Campus abre o prazo para participar en 13 obradoiros

A Área de Actividades Culturais do Campus de Ourense invita á comunidade universitaria a  realizar algún dos obradoiros que organizan, que terá 13 opcións diferentes durante este primeiro cuadrimestre que vén de comezar. Haberá desde teatro ata intervención asistida con cans.

Seguindo a edicións anteriores, a programación mestura a repetición de propostas que tiveron éxito con novas opcións xurdidas da iniciativa de membros da comunidade universitaria. 

A matrícula en liña está aberta do 24 de setembro ao 4 de outubro, manténdose o prezo de 40 euros para o público xeral e 26 para os membros da comunidade universitaria. 

NOVIDADES

"As novidades este ano son obradoiros de intervención asistida por cans/cadelas; de fotografía e xénero e de alcol e menores", explica Filemón Rivas, responsable de Actividades Culturais do Campus.