PROVINCIA

Bombeiros formados en drons atenderán dende Carballiño ás emerxencias

Dende a vila darán servizo a toda a provincia en situacións de emerxencia

nnnA Deputación de Ourense porá en marcha no Carballiño unha unidade especialista de piloto de drons en situacións de emerxencia con sete bombeiros formados. 

A iniciativa, que dará dende alí servizo a toda a provincia, emmárcase dentro do primeiro curso en España de Piloto de Drons para situacións de emerxencia, organizado en colaboración co Consorcio Provincial para o servizo contra Incendios e de Salvamento e da empresa Aerocamaras. Entre os obxectivos do curso están adquirir os coñecementos e a capacidade de apoiar ós equipos intervintes para a visualización remota de espazos afectados, transporte de material e outras accións de apoio aéreo. 

A presentación da formación en aeronaves non tripuladas tivo lugar onte no Pazo Provincial nun acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente do Consorcio Provincial para o servizo contra Incendios e de Salvamento e deputado provincial, Pablo Pérez; e o CEO de Aerocamaras, Jaime Pereira. 

O vicepresidente da Deputación de Ourense destacou o incremento que está a experimentar nos últimos anos "o uso de drons en diferentes ámbitos profesionais, polo que a formación de pilotos é unha máxima para obter o certificado oficial e a ampliación de coñecementos que supón un amplo aforro en tempos e custes". 

"Agora é o momento de equipar cun dron ó persoal dos bombeiros da provincia- engadiu Pérez-, posto que neste intre se nos ofrece un modelo cunha autonomía suficiente para que unha actuación de emerxencia ou un rescate teñan unhas posibilidades moito máis altas de éxito". 

Curso pioneiro

Jaime Pereira explicou que "o curso que formará a vinte profesionais e voluntarios de Emerxencias permitirá que obteñan un título homologado pola Academia Galega de Seguridade Pública, así como o certificado oficial da Axencia Estatal de Seguridade Aérea". Ademais, indicou que a formación presencial levarase a cabo no Pazo de Vilamarín, no embalse das Conchas en Muíños e no Carballiño.

Vantaxes que ofrecen os drons híbridos

As aeronaves híbridas (electricidade e gasolina) teñen dez veces máis autonomía ca os drons actuais, dúas horas e media, "coa importancia que isto ten no caso das situacións de emerxencia", sinalou o deputado Pablo Pérez. 

"Esta nueva tecnología es una revolución para el sector, ya que aumentan notablemente las capacidades de las aeronaves no tripuladas para realizar labores como localización en tierra y mar de personas, vehículos o barcos, transporte de material de emergencias, trabajos en incendios, rescates o inspecciones, entre otras", sinalou o CEO de Aerocamaras. Co fin de que se perciban as diferenzas con respeto ao dron eléctrico, algunhas das prácticas presenciais enmarcadas no curso de piloto de drons realizaranse cun híbrido.

Te puede interesar