ENTROIDO OURENSE

A historia das Carnavaleras

motos_result
photo_camera As Carnavaleras no Entroido 2017 desfilando polas rúas do barrio da Valenzá.

As Carnavaleras son un grupo de amigos que cada Entroido desfilan polas rúas de Ourense, moitas veces con premio. Contan con seis primeiros premios e un segundo nos máis de dez anos que levan participando

Nunha tarde de sábado a maior parte das persoas que teñen a fortuna de non traballar adicarán o seu tempo libre ao lecer ou ao descanso. Pero si é xaneiro e eres un ourensán ou ourensá e entusiasta do Entroido, posiblemente o que toque sexa traballar para a gran cita de moitas vilas da provincia.

A escasos días de que chegue o Entroido á cidade, moitas comparsas ultiman os preparativos dos seus traxes, coa alegría coa que, WhatsApp Image 2018-02-06 at 15.55.55 (1)_resultcomo ourensáns, esperamos estos días que están a chegar.

Por iso, me achego a ver como un grupo de amigos poñen a punto os seus disfraces na casa dun particular. Elas son “As Carnavaleras”, como eu as coñezo, e como con orgullo se chaman entre si. Porque este grupo está composto maioritariamente por mulleres e un compañeiro que, na súa traxectoria entroideira, sempre ten un papel destacado.

As Carnavaleras

Elas son Belinda, Chucha, Marisol, Rosa e Pili. El, Fernando. Xuntos, levan máis de dez anos desfilando polas rúas da cidade o domingo de Entroido, na categoría de “Comparsas de menos de dez”. E non o fan de pasada, senón que case sempre o Enterro da Sardiña os colle cun premio na man, entre eles, seis primeiros e un segundo.

Séntome coas “Carnavaleras” a tomar café no seu descanso das tarefas de Entroido. Falamos do seu disfraz deste ano, “Ovos sorpresa” que é, segundo Marisol “é o que máis traballo nos levou”, porque comenta, entre risas, “o resto xa pasaron”.

Pídolles que fagan memoria e me conten todos os disfraces que se enfundaron. O primeiro ano atrevéronse a ir de “Mesas Camillas”, co que levaron o seu primeiro premio. Despois viñeron “As Froitas”, no que a maioría coinciden que foi o máis cómodo.


Fernando di que o seu disfraz favorito foi o de paraugas "Eu levaba bicicleta, porque era o afiador, e descarrilei onda o Goberno Civil. Acercóuseme un neno a dicirme 'Caíches!' e eu díxenlle: 'Non, cada un baixa da bicicleta como quere". Todos rin ao recordar o momento


                                           paraguas_result

Belinda reanuda a conversa e enumera todos os disfraces cos que estiveron na cima do podio: as mesas camilla, os paraugas, as froitas, fantasía floral, Os Invisibles e o do ano pasado, as "Vespas son para o Entroido".

Hai agora discusión, porque recordan ter máis premios. Algunhas voces álzanse dicindo que con “Os Carretes” tamén obtiveron o ouro na súa categoría. Pero Rosa non está de acordo, di que foron o segundo, e cando meditan unha segunda vez, acaban por darlle a razón.

Falan de as bolboretas e o disfraz de parque de atraccións, cos que volveron coas mans vacías para a casa, pero igualmente recordan as anécdotas deses anos entre risas.

                                             

                                         fernando

A cociña das ideas

“As ideas son miñas, pero eu non fago nada”, bromea Belinda. Algunhas das apostas que elixen para disfrazarse cada ano saen do que ven nas súas viaxes. Un dos disfraces, o de Os Invisibles, ocurríuselles despois de visitar Mallorca, paseando polas rúas da vila, onde viron a un artista cun orixinal traxe, onde a cabeza e as mans non se vían. O chegar, puxéronse mans a obra.

O de froitas vírono nas icónicas Ramblas da cidade de Barcelona. Despois, moitas ideas saen de pesquisas en Internet, como a aposta deste ano, un dos máis complicados de elaborar, porque cada persoa ten que portar unha estructura metálica de dous metros de alto. Tamén as Vespas foron un reto, feitas cunha estrutura de madeira recuberta con teas, que tardaron meses en facer.

Hai que pensar en como facer os disfraces, pero tamén en onde se fan e gardan ata o día do desfile. “Agora facémolos no taller dun amigo que é tapiceiro, temos sorte. Pero antes, quedabamos cando podiamos no baixo de algún de nós”.

                                     WhatsApp Image 2018-02-06 at 15.55.54_result

A recompensa

Vendo que se trata de traxes e complementos tan complexos, ás veces a cuantía dos premios destínana a amortizar gastos, porque o disfraz de cada persoa non custa menos de cincuenta euros entre todos os materiais empregados.

Pero non se olvidan do lecer, e pasan tempo xuntos sempre que poden. Algún ano empregan ese diñeiro para facer algunha viaxe xuntos, e recordar así as anécdotas máis divertidas de cada Entroido.

Para acabar, fágolles unha pregunta que nada máis sair da miña boca, replícome a min mesma que é unha obviedade: “É o Entroido a vosa festa favorita?”. Un sí ao unísono inunda a sala onde estamos de merenda. “Pasámolo ‘pipa”, conclúe Belinda.

A festa na que cada ano se convirte o desfile desta comparsa animou a dous novos membros a alistarse ás filas das “Carnavaleras”: Noa e Brais, ambos de 11 anos. Ela, sobriña de Pili. El, neto de Belinda. “Xa querían vir con nós o ano pasado, pero non nos deu tempo a facerlles as súas vespas”. Este ano, estréanse desfilando polas rúas de Ourense, e non dubido que será o primeiro de moitos anos.

Para finalizar, Pili pensa no futuro e desexa que “con noventa anos, sigamos así de guapos e desfilando polas rúas de Ourense”. Ás Carnavaleras aínda lles queda moita historia por diante.

Te puede interesar