ENTROIDO AMOEIRO 2018

As carrozas de Parada de Amoeiro irán ós concellos veciños

Os Casares, Albeiros, A Bergueira, Trasalba, Palmés, Fontefría, Abruciños, Presavella, Loureiro, Rouzós, Amoeiro, Fontes e Parada serán as localidades do primeiro día de desfile

As carrozas de Parada de Amoeiro irán ós concellos veciños

O Entroido de Parada de Amoeiro, o único de natureza itinerante da provincia, quenta motores para percorrer as aldeas de Amoeiro e os concellos limítrofes. A localidade de Parada empezará a súa singular festa o próximo domingo, 11 de febreiro, día no que as carrozas confeccionadas artesanalmente polos veciños das diferentes parroquias viaxarán polos municipios da bisbarra dende primeira hora da mañá. A festa continuará ata o 13 de febreiro.

Os Casares, Albeiros, A Bergueira, Trasalba, Palmés, Fontefría, Abruciños, Presavella, Loureiro, Rouzós, Amoeiro, Fontes e Parada serán as localidades do primeiro día. Xa o luns, as carrozas emprenderán viaxe polos concellos limítrofes pasando por Irexe, Os Garabatos, Mandrás, Souto, Louredo, Cea e Maside, con chegada ao campo da festa de Parada. O último día haberá un xantar e volverán desfilar pola parroquia.