CONCELLO DE OURENSE

A Casa Consistorial de Ourense terá unha segunda renovación

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, anunciaron esta segunda fase da rehabilitación do Concello cun aforro de 28.000 euros

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, veñen de anunciar unha segunda fase na rehabilitación do edificio do Concello. As obras levadas a cabo ata agora e a reorganización dos servizos permitiron un aforro de 28.000 euros ás arcas municipais.

Agora actuarase na carpintería, "vanse cambiar as fiestras e portas da planta baixa e terceira e tamén se arranxarán as claraboias". As labores de rehabilitación tamén permitarán renovar a escalinata principal e a pintura do artesanado do porche exterior. 

Alfonso Rueda confirma que as eleccións autonómicas serán en outubro pero non necesariamente coincidirán coas vascas. 

Te puede interesar