UNIVERSIDAD

Catro “Q" de calidade para o Campus ourensán

Cinco facultades, tres escolas, tres laboratorios, dous centros de investigación e un servizo recibiron xa o distintivo e a idea é poder seguir ampliando o número de unidades beneficiadas

A Universidade de Vigo puxo en marcha este curso o seu propio selo de calidade Q. É unha iniciativa pioneira a nivel nacional coa que a institución quere demostrar a súa aposta e compromiso coa excelencia no ámbito da xestión das facultades, escolas, laboratorios, centros de investigación e servizos. 

Cinco facultades, tres escolas, tres laboratorios, dous centros de investigación e un servizo recibiron xa o distintivo e a idea é poder seguir ampliando o número de unidades beneficiadas.
A día de hoxe 14 centros e servizos locen xa a súa Q de calidade. No campus de Vigo, os centros aos que se lle recoñeceu o seu traballo son as facultades de Bioloxía, Ciencias Xurídicas e do Traballo e Filoloxía e Tradución; as escolas de Enxeñaría de Telecomunicación e Enxeñaría de Minas; a Ecimat, Estación das Ciencias Mariñas de Toralla; o Cacti, Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación; os laboratorios de Calibración Eléctrica da Escola de Enxeñaría Industrial e Antelia da EE de Telecomunicación; e a Biblioteca Universitaria.

No caso de Ourense, recoñeceuse o labor das facultades de Dereito e Ciencias Empresariais e Turismo; a Escola de Enxeñaría Informática e o Laboratorio de Microbioloxía da Facultade de Ciencias, que contaba xa cunha dobre certificación (a ISO 9001 e a 17025).
“A calidade constitúe unha cuestión estratéxica para as organizacións e isto afecta tamén ás administracións públicas e, particularmente, ás institucións de ensinanza superior”, subliña Xosé María Gómez, director da Área de Apoio á Docencia e Calidade.

Te puede interesar