FIESTA

Cea exalta o seu pan con produtos típicos galegos

Los organizadores prevén repartir más de 1.500 piezas de pan a cerca de diez visitantes 

O Campo da Saleta de San Cristovo de Cea acollerá este domingo a 24 edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea. O pregón será ás 13,00 horas da man do profesor Avelino Muleiro e haberá degustación popular de produtos galegos con distintivos de calidade, que tamén serán os protagonistas do menú do tradicional xantar.

A organización ofrece por primeira vez dous servizos de autobús, un dende Ourense, que sairá ás 17,30 horas dende o Parque de San Lázaro, e dende o Carballiño, que partirá ás 18,00 horas, da Praza do Emigrante. A xornada previa do sábado tamén estará repleta de actividades, entre elas a celebración de tres showcookings na Praza Maior, para nenos, ás 17,30 horas. A continuación, a chef Enma Pinal ofrecerá dous showcookings, ás 19,15 horas e ás 20,30 horas. Cada unha das sesións ten un aforo de 25 persoas, que deberán anotarse previamente na Praza Maior.

Os visitantes tamén terán a oportunidade o sábado de participar nunha ruta gastronómica polos fornos antigos de Pan de Cea, a partir das 19,00 horas.

Te puede interesar