Celebra amosa tódalas novidades en actos sociais

photo_camera Imaxe da inauguración do certame, polo delegado territorial da Xunta, Rogelio Fernández

Celebra, o Salón de vodas, bautizos, comunións e actos sociais abriu as súas portas en Expourense e clausurarase hoxe. Na súa 15ª edición os expositores presentan unha ampla oferta de produtos e servizos cos que dar resposta á complexa planificación de todo tipo de actos sociais. Esta cita convértese así nun escaparate para as empresas ourensás, xa que preto do 85% dos expositores son da provincia.

Os visitantes que reserven calquer tipo de servizo durante a celebración da feira, poderán disfrutar de ventaxas e agasallos especiais, como por exemplo o 15% de desconto en repostería creativa, ou o transporte gratuíto dos invitados ao contratar a lúa de mel e o transporte dos noivos. Como novidade, este ano destaca o coidado dos elementos que rodean a un evento: as cores, o decorado, os agasallos para os invitados, as flores ou a música.

Dous defiles ás seis da tarde, onte e hoxe, permiten coñecer cara onde apuntan as tendencias para o vindeiro ano. Restauración e medios audiovisuais son os sector con máis presencia este ano.

Te puede interesar