exposición

Cerámica cosida para revisar mitos

ruth1sss
photo_camera Ruth Lodeiro, nunha das súas exposicións, en Xunqueira de Espadañedo.

A artista viguesa Ruth Lodeiro presenta no Marcos Valcárcel unha mostra de pezas cuxo proceso de creación durou un ano

A artista viguesa Ruth Lodeiro regresa a Ourense cunha exposición monográfica na que afonda na mitoloxía clásica a través das súas esculturas. "Penélope. Tecedoras de soños" é o título da mostra, que se inaugura ás 20,15 horas no Marcos Valcárcel. A autora estará acompañada polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o director do centro cultural, Francisco González. As pezas exhíbense ata o próximo 18 de marzo.

"Recollín os mitos, descontextualiceinos e reviseinos. A cerámica é o elemento configurador da exposición", adianta a escultora, en cuxa reflexión sempre está presente o universo da muller. Porén, a lectura corresponde ao público: Prefiro que o espectador opine, pero sempre tes que espirte para explicar o discurso e eu fágoo a través dunha poesía en cada exposición", conta. Non é o primeiro monográfico sobre mitoloxía que realiza a autora.

"Así, inmóvil, Penélope vive el vértigo del misterio, la vorágine del vértigo. En gineceo de témpano, prisión de su piel deshace sudario y muere anhelos, se ha hecho vieja en el recuerdo y se ha hecho eterna, obediente zurcidora de otras vidas", di un dos fragmentos dos seus versos. O poema poderá verse a partir de mañá na exposición.

A labor de cosido das pezas refléxase en pezas únicas."Coso a cerámica sobre mallas metálicas. Hai vulvas, ovarios, corpos...", explica a autora. O proceso de elaboración durou un ano, un traballo intenso que vincula ás labores tradicionais. "Foi un proceso moi artesanal, un labor de cosido durante un ano. Son bastante traballadora", apunta Lodeiro.

Esta instalación non é a primeira que presenta en Ourense. Na imaxe, posa con outra das súas pezas no Mosteiro de Xunqueira de Españadero, o verán pasado. 

Te puede interesar