Actividades

Máis de 200 persoas participaron este curso nas aulas da terceira idade

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, salientou a importancia deste proxecto porque "contribúe a fomentar as relacións de solidariedade interxeneracional"

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, clausurou este mércores no Liceo ourensán o curso 2017-2018 dos cursos da terceira idade que a consellería de Política Social organiza conxuntamente coa Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal), a través da organización de diferentes actividades co fin de promover o envellecemento activo, favorecendo a inclusión social das persoas maiores.

No curso que este mércores se clausurou participaron 220 persoas. Marisol Díaz fixo especial fincapé na importancia deste proxecto porque "contribúe a fomentar as relacións e a solidariedade interxeneracional".

No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o presidente honorífico e o presidente de Ategal, Rafael Romero e Ángel Fagilde, e a coordinadora das Aulas en Ourense, María Luisa Justa.

Te puede interesar