CONCELLO DE OURENSE

O Concello abre o período de información pública do expediente de honra a Estanislao Reverter

2016020313043923866
photo_camera Estanislao Reverter.

Particulares e colectivos poden adherirse e presentar propostas en recoñecemento ao piloto ourensán

O expediente de honras incoado polo Concello de Ourense a prol de Estanislao Reverter Sequeiros “Lalao” inicia o período de información pública. Esta mañá públicase no Boletín Oficial da Provincia a apertura do prazo de 30 días co fin de que calquera persoa ou entidade poida presentarse no expediente, achegar a documentación xustificativa dos méritos que estimen oportunos, e efectuar as propostas ou informacións que procedan para a xustificación dos merecementos.

Todo elo de conformidade co acordo aprobado polo Pleno do Concello do día 6 de novembro, e seguindo o procedemento sinalado no artigo 22 do Regulamento de honra e distincións do Concello de Ourense. O xuíz instrutor do expedente será o concelleiro de Deportes, Mario Guede, e o secretario o xerente do Consello Municipal de Deportes, Cándido Gómez.

Estanislao Reverter foi presidente da Federación Galega de Automobilismo, vicepresidente da Federación Española, vogal da Federación Internacional ademáis de empresario do automóbil e da construción e Deputado nas Cortes Españolas de 1977.

Na súa traxectoria como piloto e organizador cómpre salientar as 54 victorias absolutas en probas de diferentes especialidades; 12 participacións no Rally de Montecarlo, como piloto oficial de Rover no ano 1966 e súas victorias no Rally de España-RACE, o das Rías Baixas e Oviedo (actualmente Príncipe de Asturias).

Tamén foi piloto da Jolly Club. Recompensado en 1965 coa Medalla de Prata ao Mérito Deportivo e a título póstumo a Distinción ao Merito Deportivo de Galicia.

Con este expediente, o Concello quere recoñecer e agradecer o labor realizado por Estanislao Reverter e a súa loita polo desenvolvemento e promoción da nosa cidade por todos os sitios nos que estivo, decorando os seus vehículos coas cores da bandeira de Galicia e desde 1977 a bandeira que máis tarde sería a oficial

Te puede interesar