XUNTA DE GOBERNO

O Concello baixa o coste da xestión integral do mercado da Ponte para estimular a súa reapertura

20.10.16.OURENSE.CONCELLO.ROLDA DE PRENSA ASUNTOS DE GOBERNO.JESUS VAZQUEZ.
photo_camera El alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Tras catro meses pechado, os grupos políticos acordaron en xunta de goberno reducir o canon anual da Praza da Ponte así como outros criterios do prego anterior. Ademáis, tamén se adxudicou o servicio de axuda a domicilio

O servizo de axuda a domicilio, que presta atención a 720 veciños e veciñas da cidade, foi adxudicado pola xunta de goberno local do Concello de Ourense á empresa Valoriza Servicios a la dependencia S.L. Logo de presentar a oferta mellor valorada tanto na parte técnica coma na proposta económica por parte da mesa de contratación.

O orzamento de licitación, de 2,89 millóns de euros anuais, contaba como parámetro o prezo por hora de traballo, estimado polos técnicos en 15,60 euros por hora. A empresa ofertou unha baixa do 3,39%, tanto nas horas ordinarias como extraordinarias.

Ademais, aprobouse o expediente para contratar mediante procedemento aberto o servizo de xestión do centro de visitantes de Montealegre por dous anos máis outros dous anos prorrogables. O prezo é de 11 euros por hora máis IVE, e a previsión de horas por ano é de 2.047.

Praza de Abastos da Ponte

Fóra da orde do día, aprobouse o expediente para licitar, mediante procedemento aberto, a contratación da concesión administrativa da xestión integral da Praza de Abastos nº2, no barrio da Ponte. Logo de quedar deserta o 28 de abril.

O modelo acordado será o de xestión integral, que consistirá en que esta será adxudicada a unha empresa, SL ou UTE, sendo a adxudicataria quen busque os comerciantes que ocupen os oito postos e a propia cafetería do recinto.

O canon anual que fixa o Concello á adxudicataria será de 45.410,79 € anuais IVE engadido. No anterior prego era de 52.737,85€ anuais. Establécese, do mesmo xeito, unha redución dos horarios de apertura, pasando das 16 horas contempladas anteriormente ás 12 horas que contempla este novo prego, cun mínimo de 8 horas. Tamén se cambiaron os criterios de valoración, aumentando os puntos do modelo de xestión.

Sentenzas

Tamén se abordaron as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en referencia a ordenación provisional urbanística nas que oito ámbitos foron anulados. Contra estas sentenzas cabe interpoñer, o recurso de casación no prazo de trinta días.

Por outra banda, déronse a coñecer dúas sentenzas favorables ao Concello: a desestimación do recurso presentado por unha empresa de transportes contra o acordo da xunta de goberno local de marzo de 2015 que lle denegou licenza de ocupación/apertura para unha instalación de lavado na estación de servizo de Reza (cabe interpoñer recurso de apelación). Pola outra, o TSXG desestima a petición de medidas cautelares por parte dun empresario de hostalería (titular da Cafetería Vega 70) ao que o Concello ordenou retirar os veladores.

Xestión económica

Noutros asuntos da orde do día, aprobouse unha modificación orzamentaria na utilizando a figura dos créditos extraordinarios por importe de 87.120,00 € para o pago pendente á empresa redactora do PXOM para a súa adaptación á nova Lei do Solo de Galicia.

Te puede interesar