OURENSE

O Concello organiza unha Semana do Orgullo LGTBI

 O domingo, a carreira 'Correndo X Ourense', celébrase contra a homo-lesbo-transfobia e a violencias de xénero

O Concello de Ourense celebrará o Día do Orgullo LGTBI para darlle visibilidade á diversidade sexual e contra a violencias de xénero. Empeza hoxe,  coa proxección da película "Rara", da chilena Pepa San Martín, na Biblioteca Pública en colaboración co Cineclube Padre Feijóo, ás 20,30 horas. O ciclo continuará mañá, con "Tierra firme", de Carlos Marques-Marcet.

 O domingo, a carreira 'Correndo X Ourense', celébrase contra a homo-lesbo-transfobia e a violencias de xénero, 

O mércores 27, celebrarase o obradoiro "Empoderamento erótico para mulleres", no centro cívico de A Ponte. Ademais, a ponte romana estará iluminada coa bandeira multicor os días 27 e 28.

Te puede interesar