ENERXÍA

Ourense acada financiación europea para ser referente en aproveitamento xeotérmico

O proxecto GEOAtlantic, do que o Concello de Ourense é promotor, contará cun orzamento de 2.870.000 € e ven de ser aprobado polo Comité de Seguimento do Programa de Cooperación Europea Espacio Atlántico

O Comité de Seguimento do Programa de Cooperación Europea Espacio Atlántico ven de aprobar o Proxecto GEOAtlantic do que o Concello de Ourense é promotor. Esta proposta do Proxecto GEOAtlantic foi presentada inicialmente polo Concello de Ourense en maio de 2016, sendo seleccionada en agosto dese ano para poder presentar a proposta íntegra do proxecto nunha segunda fase.

Esta fase resolveuse no comité que tivo lugar en Oporto o 4 e 5 de maio, sendo aprobada xunto con outras 44 propostas de proxectos de todo Europa, dun total de 425 presentadas inicialmente na primeira fase.

Este proxecto ten unha duración de 36 meses e conta cun orzamento entorno aos 2.870.000 € dos que o 75% estaría subvencionado polo FEDER. Enmárcase dentro do Programa Espacio Atlántico. Programa que está financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europeo (FEDER) da UE e subvenciona propostas de cooperación entre distintas organizacións das rexións da costa atlántica de Europa en determinados eixos temáticos prioritarios.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, sinala que “seguimos dando pasos firmes para situar a Ourense como referente único e á vangarda internacional da eficiencia e sustentabilidade enerxética, aproveitando os nosos recursos propios e que nos identifican como cidade. A este proxecto ambicioso, innovador que conta co visto bo do IDAE (Instituto para a diversificación e aforro da enerxía), lle engadimos que  o Goberno Galego desenvolverá en Ourense o primeiro “Ecobarrio” de España, radicado no barrio de A Ponte que favorecerá o aforro enerxético de 20.000 veciños e de 35 edificios públicos”.

O concelleiro Jorge Pumar recalca que “estamos ante unha excelente noticia para Ourense, dende a Concellería de Promoción Económica levamos moito tempo traballando neste proxecto, que non foi doado, debido a súa innovación, especialización e competividade. Esta concesión reforza o traballo que vimos desenvolvendo na Concellería e anímanos a seguir presentando iniciativas deste tipo onde os principais beneficiarios sexan os cidadáns de Ourense”.

O proxecto que promove o Concello pretende estudar as posibilidades de desenvolvemento da enerxía xeotérmica no territorio como fonte de enerxía renovable e impulsar proxectos demostrativos da súa utilización. Se ben ata agora o uso se limitaba á actividade balnearia e ao uso puntual en instalaciones preténdese promover un uso más extensivo de este recurso, tanto para calefacción/ aire acondicionado como para producción de electricidade.

No programa de traballo inclúese a realización dun análisis dos recursos xeotérmicos así como de boas prácticas e innovacións para a súa explotación, que inclúe a realización de visitas a experiencias de éxito. Tamén levarase a cabo un programa de accións informativas dirixidas a diferentes grupos: decisores políticos, consumidores y asociacións de veciños, empresas, profesionais, agricultores, etc. Actuarase tamén na transferencia de novas tecnoloxías ao mercado, poñendo en marcha servizos de apoio a emprendedores e pemes locais para impulsar proxectos empresariais relacionados coa xeotermia.

Outro paquete de traballo enfocarase á planificación enerxética a nivel local/rexional. Porase en marcha un centro de recursos para promover a enerxía xeotérmica en distritos e edificios (calor, frío, electricidade) cun servizo de asesoramento online. Ao remate do proxecto implementarase un proxecto público demostrativo e lograrase un marco político local en favor do aproveitamento enerxético da xeotermia.

O proxecto ten unha duración de 36 meses e conta cun orzamento entorno aos 2.870.000 € dos que o 75% estaría subvencionado polo FEDER. Ademais do Concello de Ourense, lider e coordinador do Proxecto, participan no consorcio de socios institucións de España, Portugal, Reino Unido, Francia e Irlanda: Energylab, o Instituto Tecnológico y de Energías Renovables de Tenerife, a Asociación de Municipios da Cova da Beira en Portugal, a Universidade de Oporto, as axencias escocesas de energía Islay Energy Trust y ALIenergy, a Axencia Local de Enerxía y do Clima da Área Metropolitana de Burdeos- Gironda, o Instituto de Tecnoloxía de Cork e empresa EDA Renovaveis das Azores.Tamén vai participar o Proxecto Eden ubicado en Cornualles, Inglaterra, pionero en promover un espacio para difusión y educación sobre a natureza. Tamén estará presente a Asociación Europea de Bombas de Calor, unha das tecnoloxías con maior implantación na utilización da enerxía do subsolo.

Te puede interesar