gastronomía

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro colabora cos sumilleres

sumilleres
photo_camera Xurado do Campionato Oficial de Galicia de Sumilleres.

O gañador do Campionato foi Eduardo Camiña Ucha, do restaurante Mugaritz, en Guipuzko

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro colaborou na XXI edición do Campionato Oficial de Galicia de Sumilleres, onde Juan Manuel Casares Gándara, presidente da D.O. máis antiga de Galicia, participou como xurado no campionato galego de sumilleres organizado por AGASU (Asociación Galega de Sumilleres), que tivo lugar no IES Carlos Oroza de Pontevedra. 

O gañador do Campionato foi Eduardo Camiña Ucha, do restaurante Mugaritz, en Guipuzkoa, o segundo posto foi para Tomás Ucha Altamirano, tamén do Mugaritz e en terceira posición quedou Andrés Domínguez, de Adega das Caldas, en Ourense.

O xurado profesional que avaliou aos participantes estivo formado por sumilleres de AGASU e da Asociación Galega de Enólogos, Patricia Presas e Alfonso Losada; os profesores do IES, Carlos Oroza, Manuel Hermo, Tina Vázquez e Carlos Pérez; do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Marta Fernández; da Asociación Galega de Barmans, Jose Soto; o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares; da revista HG&T, Guillermo Campos; do Instituto Galego do Viño, Juanjo Figueroa e da UAES (Unión de Asociaciones Españolas de Sumilleres), Juan Muñoz e Alfredo Álvarez.

A proba foi clasificable para o campeonato nacional de sumilleres UAES, que se disputará na próxima edición do Salón Gourmets, no mes de abril en Madrid. Os dous primeiros clasificados, serán os que representarán a Galicia na final dentro do ámbito nacional.

Te puede interesar