Deporte

Correndo X Ourense remata este domingo cun percorrido polo barrio da Carballeira

deportes11-archive-2018-06-24-1op6729_result
photo_camera Los participantes del Correndo X Ourense de junio, en la calle del Paseo.

Tras a boa acollida do cambio de horario nas carreiras da Universidade e do barrio da Ponte, manterase nesta última proba, comezando a categoría Pitufos ás 11,00 horas

O VIII Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense finaliza a edición deste ano o domingo, 21 de outubro, coa última das súas seis probas, que percorrerá o barrio da Carballeira.

A cita será á mesma hora que se celebraron as carreiras na zona da Universidade e polo barrio da Ponte, as 11,00 horas, cando comezarán a competir os inscritos na categoría Pitufos (nenos e nenas que naceran desde 2011). Cinco minutos máis tarde sairán os corredores das categorías Benxamín Sub10 e Alevín Sub12.

Ás 11,15 horas será a quenda das categorías Infantil Sub14 e Cadete Sub 18.

Ás 11,30 horas sairán o resto das persoas inscritas (Xuvenil Sub18, Júnior, Promesa, Sénior e Máster), que percorrerán unha ruta de 5.700 metros con saída da Praza da Lexión, Rula, Salto do Can, Paspallás, Hórreo e Castelo Ramiro, para rematar de novo na Praza da Lexión.


Próxima cita, Carreira de San Martiño 2018


Esta edición terá o seu acto final o día 17 de novembro, ás 19,00 horas, coa entrega de premios, que se desenvolverá en Expourense, no marco do Salón do deporte e o turismo activo de Galicia Sportur Galicia, na véspera da  Carreira pedestre popular San Martiño 2018.

A emblemática proba ourensá ten aberto ate o día 11 de novembro o prazo de inscrición.

O prezo será 5 euros ata o día 28 de outubro e 7 euros para quen o faga desde o 29 de outubro ao 11 de novembro. As inscricións pódense realizar a través na páxina web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense.com e en  www.championchipnorte.com .

Te puede interesar