Educación

O CPR Padre Feijóo Zorelle gañan a I Olimpíada de Historia

Vinteoito centros educativos de Ourense, A Coruña e Pontevedra competiron este venres na Facultade de Historia do campus da cidade

Dos 28 equipos que se enfrontaron na I Olimpíada de Historia saíu gañador o equipo Little Historiadores formado por Carlos Cuesta, Gema da Rocha, Axel Matías Giménez e Andrea Santana, do CPR Padre Feijóo Zorelle, que estiveron preparando a cita ao longo dun mes, pero "viñemos a xogar, a divertirnos, pero é unha alegría que teñan acadado o premio porque traballaron moito", dixo Beatriz Temes, xefa de estudo do centro educativo.

A cita tivo lugar este venres na Facultade de Historia do Campus de Ourense, onde grupos chegados de Ourense, A Coruña e Pontevedra competiron en diferentes fases eliminatorias, que consistiron tanto en preguntas breves como identificación de imaxes e textos. 

O obxectivo desta xornada foi espertar a curiosidad do alumando preuniverstiario por esta área. A decana da Facultade de Historia, Susana Reboreda, falou da xornada como "unha experiencia fantástica, puxemos moita ilusión nesta olimpíada e non podemos estar máis satisfeitos cos resultados".

Te puede interesar