GASTRONOMÍA

Cristina Dias, do Porta da Pía, representará a Ourense no De Tapas por Galicia

cocinera
photo_camera Cristina Dias, do Porta da Pía.

A chef, gañadora do Sabores de Outono, presentará na certame un plato que recolle tanto as delicias culinarias da capital como o pan de Cea, as castañas de Verín ou as nabizas de Xinzo

Cristina Dias, do restaurante Porta da Pía, representará á cidade de Ourense na final do certame De Tapas por Galicia, que se celebrará o luns 4 de xullo na Cidade da Cultura, en Compostela. A chef, gañadora do concurso Sabores de Outono na súa cidade, propón nun bocado un repaso culinario pola súa provincia.

Organizado por Turismo de Galicia, De Tapas por Galicia busca promover o turismo urbano e gastronómico aproveitando a puxanza dos cociñeiros galegos, e especialmente a súa creatividade á hora de idear este tipo de pratos de pequeno formato.

Dias presenta unha Dorna da Porta da Pía na que se inclúen boa parte dos elementos que fan célebre a gastronomía ourensá, partindo dun simple e nutritivo cocido. A tapa recolle tanto as delicias culinarias da capital provincial como o pan de Cea, as castañas de Verín ou as nabizas de Xinzo de Limia.

O EVENTO

A final do certame De Tapas por Galicia reunirá na Cidade da Cultura a sete chefs galardoados nos concursos das súas respectivas cidades. Durante o evento entragaranse un premio por parte dun xurado formado por profesionais da gastronomía e a restauración; e polo público asistente.

Ademáis de Dias concorren ao certame Siro González (Restaurante Siro González, Santiago); Luis Peral (Oido Cocina, A Coruña); Sergio Orge e Rubén González (Cafetín, Pontevedra); Pablo Fuentes e Alberto Rodríguez (Bodega de Estrella, Ferrol); Gerson Iglesias e Carlos Barreira (Petisquiño, Vigo); e Alejandro Méndez (Os Cachivaches, Lugo).

Te puede interesar