ENTREVISTA

Cristina Pato: "O máis bonito da miña carreira é saltar de orquestras a romarías"

2014032019112296010
photo_camera Cristina Pato.

 A música Cristina Pato actuará mañá no concerto de despedida de Alan Gilbert, o director artístico da New York Philharmonic. Tocará xunto con Yo-Yo Ma e o propio Gilbert, ao violín, ademais doutros músicos da Silk Road.

A ourensá interpretará "The Latina 6/8 Suite", que forma parte do seu proxecto "Latina".

Cal será a súa achega a este evento?

Hai dous anos que toquei ca New York Philharmonic cunha obra que realmente foi a que me abriu as portas ao mundo da música sinfónica nos Estados Unidos, do compositor Osvaldo Golijov. A raíz de aí, xurdiu o contacto con esta orquestra e con outras. Este concerto de despedida é para min moi especial. O director artístico elixiu facer tres concertos intentando traer unha mensaxe de unificación. A súa idea é unir a músicos doutras orquestras do mundo con músicos doutras linguaxes musicais coma min ou Wynton Marsalis. 

Por que marcha Alan Gilbert?

Foi unha decisión que fixo pública case un ano. Por eso, as entradas dos concertos están agotadas.Sei que marcha para Escandinavia. 

Como o define á batuta da New York Philharmonic?

Significou moitísimo para esta época da orquestra. Creo que é un dos directores máis novos que tivo a oportunidade de tomar as rendas dunha orquestra como esta. É fillo de músicos. 

Despois da xira por República Dominicana con Silk Road Ensemble, cal será próximo destino?

O proxecto da República Dominicana foi algo fermosísimo. O obxectivo é levar a inclusión das persoas xordas a través da vibración da música. Nestas próximas semanas, despois da New York Philharmonic, vou para Galicia onde vou estar colaborando co Consello da Cultura Galega nunhas xornadas. o 20 e 21 de xuño. Despois, marcho para Núremberg, en Alemaña, onde xa estivera hai uns 15 anos e teño moitas gañas de volver e facer alí unha celebración coa xente do Centro Galego de Núremberg. Para min, iso é o máis bonito da miña carreira; é dicir, saltar dun lado a outro, de romarías a orquestras ou a proxectos educativos con colexios. Isto faime sentir privilexiada e afortunada por poder adicarme ao que máis me gusta.

Como afronta o verán a nivel profesional?

Ando cun montón de cousiñas. Estou bastante centrada na miña vida académica. Neste verán, comezo cunha clase piloto interdisciplinar sobre a pérdida da memoria. Impartirei a formación xunto co departamento de Neurociencia de Arte Pública e Antropoloxía da universidade de California. Estarei durante seis semanas.

Te puede interesar