ENTREVISTA

David Pérez ahonda en la historia de Galicia

photo_camera David Pérez.

A traxectoria de David Pérez vai en consonancia coa ansia pola sabiduría e pola investigación

Pouco a pouco, David Pérez, tivo a sorte de poder investigar por todo o país, escavando en castros, mámoas, castelos, poboados da idade do bronce... que día a día contribuen a súa formación. Segue un sabio consello que a súa avoa lle decía: "ata morrer... daprender".

“Historia de Galicia" é o seu último libro, que se atopa o lector nel?

O lector poderá desfrutar da historia do seu país dun xeito ameno, vendo como se formou o territorio, como se modelou, os diferentes poboadores que o habitaron, as súas variedades culturais, o seu explendor e o seu declive.

Sendo vostede da comarca da Baixa Limia, terá forte pegada esta terra.

Pois sí, porque aporta o seu grauciño da area á historia do país, cas súas pegadas glaciares, os sues úteis paleolíticos, as súas mámoas, os seus poboados do bronce, os seus petróglifos, os seus castros, a súa evidente romanización, as pegadas suevas e visigodas, o románico, o barroco... en definitiva, unha micro-historia dentro da historia de Galicia.

Que destacaría do patrimonio de Galicia en xeral?

É moi complicado dado que o Patrimonio do país é inmenso, inhabarcable. Mais a modo xenérico destacaría o seu expléndido patrimonio inmaterial (mouras e mouros, lendas, tradicións, folklore...), a súa espectacular micro-toponimia, os machados paleolíticos do Miño, os seus formidables castros, as mámoas, as fortalezas medievais, as grandes catedrais, o románico rural, os retablos barrocos, a cultura do viño, os cruceiros, os petos, o ciclo tradicional do pan( airas, canastros, muiños e fornos)... non acabaría máis.

E de Ourense en particular?

Ourense atesoura unha ampla e variada representación patrimonial de gran nivel: o megalitismo do Leboreiro, a fortaleza de Covadoso, a Alta Idade media de San Vitor de Barxacoba, o castrexo de San Cibran de Lás, os castros menores (Seceda, Castromao, Os Castelos...) o Galaico-Romano das Burgas e de Armea, a Ponte Bibei, Aquis, os foxos do lobo do Xurés e Suído, as torres da Limia, a Ribeira Sacra, as pontes romanas e medievais, San Miguel, Santa Comba... ademais da "posibilidade" de ter un dos mellores museos arqueolóxicos de Europa.

Cree que se fai o suficiente para recuperalo e posicionalo?

Estou absolutamente convencido de que o patrimonio do país está totalmente abandonado, a non os 15 ou 20 xacementos máis coñecidos; e continuamente se lle está agredindo con pistas, repoboacións e obras públicas ou privadas que carecen de control arqueolóxico. O máis normal que acontece en Galicia á hora de visitar un xacemento arqueolóxico é ter que levar unha fouce para dar chegado.

Cal cree que é o camiño a seguir para non perder o noso patrimonio?

Valoralo e protexelo como un tesouro, como un magnífico ben herdado que debemos transmitir indemne e mellorado ás xeracións futuras. Galicia presenta un dos maiores índices de dispersión, calidade e cantidade de xacementos patrimoniais de Europa que debe ser ben xestionado. É imprescindible facer un inventario informatizado e actualizado, con planos e fichas onde se recolla todo o patrimonio e estea ao alcance de todos.

E para promocionalo?

Para promocinalo é preciso facer intervencións de posta en valor que xeren turismo e riqueza. Deberíase abordar unha extratexia comarcal para actuar sobre certos elementos patrimoniais, facelos visitables, divulgalos e conservalos, xunto co coidado da paisaxe que forma o seu entorno. Esas pequenas cousiñas que fan grande un país; dese xeito, decatarémonos da sustancial mellora das economías locais e da satisfación mental que produce coidar, mimar, preservar e dar a coñecer o patrimonio.

Como arqueólogo, que bota en falta para a conservación?

Vexo que se ten invertido moito en patrimonio que xa resulta moi monótono, así temos un país plagado de Rutas de Muíños e de Camiños de Santiago. Como se non se soubese ver máis alá. Que está ben, mais o éxito está na diversificación; deberíase abordar un plan director para dotar a todas as comarcas de recursos patrimoniais de entidade, recursos potentes que atraian visitantes. Ademáis de limpar os xacementos escavados, pois é frecuente intervir en sitios patrimoniais que logo non se mira máis para eles.

Anda metido vostede en algún proxecto?

Varios. O máis importante no momento é, por un lado conseguir que a Via Nova e o seu legado, no seu trazado por Portugal, Galicia e O Bierzo, sexa declarada Patrimonio da Humanidade; e, por outra parte, contribuir á que a Baixa Limia sexa un referente patrimonial. 

Te puede interesar