ENTREVISTA - VIDA

Baladas y rancheras en la voz de Verusa

OURENSE  15/10/2018 Fotos portada Vida: Veronica Álvarez:Recanteira Luar en el campus .Iago Cortón
photo_camera Verónica Álvarez

Residente en Castro Caldelas, pero de raíces galego portuguesas e nada en Suiza, Verónica Álvarez Carvalho, máis coñecida como Velusa, representa a Portugal Norte (terra natal da nai) nos Recantos de Luar. Confésase fan das baladas e as rancheiras e o seu carácter extrovertido, simpático dan forma a unha artista entregada e paixoal que vai a por todas como Recanteira

Como comenzou no mundo da música? 

Xa dende que teño aproximadamente 7 anos e cheguei a vila na que continúo vivindo actualmente, comecei a ir a clase de pandeireta e a formar parte das cantareiras e grupo tradicional  “Os Trabazos”. Podo dicir con orgullo que sigo formando parte do mesmo, sendo a día de hoxe un dos membros máis antigos da formación como percusionista e cantareira.  Tamén participei no Coro Lembranza durante moitos anos. Ademais son integrante do “Folión O Irrio de Caldelas”.

Con que estilo musical se identifica?

Non teño un estilo definido. Pero si que me gusta moito cantar baladas, rancheiras...OURENSE  15/10/2018 Fotos portada Vida: Veronica Álvarez:Recanteira Luar en el campus .Iago Cortón

Hai algunha influencia que lle chegara especialmente á hora de cantar? 

Non sabería decirche. Eu son moi fan da Radio Galega Música e por elo escoito música de todo tipo. Aínda que sinto predilección polas rancheras, a balada melódica, a copla e o pop.

Como Recanteira, con que expectativas vai ao programa? 

Coa expectativa de aprender, de poder coñecer máis o mundo audiovisual e compartir cos demais compañeiros unha viaxe musical única.

Que espera encontrarse?

Un paraíso do que eu poderei formar parte e serei unha estrela que brile xunto cos 19 compañeiros que formaremos os Recantos, iluminando cada venres co meu sorriso e coa miña voz ao público que nos vexa. Espero realmente que sexa unha porta de entrada cara o soño que nos guía: “ser artista".

Que lle aporta a vostede a música? 

A min música aportarme vida. Ten o poder de facerme sentir viva, plena, feliz. Cantar é a miña paixón.

É difícil abrirse camiño neste mundo? 

Nestes momentos é difícil abrirse camiño en calquera tipo de profesión xa que hai moita xente cualificada e preparada. No mundo da música tamén, xa que somos moitos os que queremos conseguir un soño e adicarnos o que nos gusta,pero como nos din sempre no Luar “enerxía positiva”. Resumidamente: “O éxito e dos que o intentan".

Ademais da música, tamén ten relación co audiovisual...

A miña experiencia televisiva xa comezou cando era cativa en “Buscando Estrelas”, onde participei representando a Castro Caldelas na sección de música tradicional. No programa “Aquí Galicia” estiven varias veces tocando co grupo “Os Trabazos”. Tamén teño colaborado en programas como “Desexos cumpridos”, interviñen nun sketch de "Criaturas da Noite" en Land Rober e fun figurante na serie galega de “Pazo de familia” e no vídeoclip gravado na Ribeira Sacra co grupo Milson´s e o Bruxo Queiman. Presenteime como concursante para contar chistes no programa  “O mellor chiste do ano”, participei no programa “Grandes Lugares” da TVG e en “España Directo” mostrando as miñas dotes como reposteira facendo a bica típica de Castro Caldelas. Finalmente, e de momento, estiven en "Fun polo aire" tocando e cantando con "Os Trabazos".

Cales son os seus proxetos inmediatos? 

Deixarme levar.... nunca se sabe o que pode acontecer. Ante todo ser feliz. O demais pensemos en que pode chegar!

Te puede interesar