despoboamento

A Deputación participa este venres no III Congreso sobre despoboamento rural

Un total de 40 expertos e representantes institucionais daranse cita en Aguilar de Campo para perfilar unha estratexia común ante o reto demográfico

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará o vindeiro venres no "III Congreso nacional sobre despoboamento no medio rural". A conferencia, celebrada en Aguilar de Campoo, reunirá a un total de 40 expertos e representantes institucionais para analizar as estratexias e as distintas fórmulas enfocadas a frear a regresión poboacional do mundo rural.

Durante dous días, 18 e 19, afondarase na problemática do despoboamento, analizando posibles medidas, tanto públicas coma privadas, para perfilar unha estratexia nacional ante o reto demográfico.

Te puede interesar