INSTITUCIÓN PROVINCIAL

Deputación e Unións Agrarias avalían os efectos da xeada na provincia

Manuel Baltar, na súa reunión cos representantes de Unións Agrarias_result
photo_camera La reunión entre las asociaciones agrarias y el presidente provincial.

Os representantes de Unións Agrarias déronlle conta ao presidente provincial das reivindicacións que están mantendo diante do goberno autonómico,

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, e con representantes comarcais desta organización sindical na provincia de Ourense, encontro que tivo lugar no Pazo Provincial atendendo unha petición do sindicato para avaliar a situación provocada no medio rural ourensán pola xeada, que provocou que moita da produción vitivinícola e doutros sectores da actividade agraria, como a castaña, diminuíra notablemente.

Os representantes de Unións Agrarias déronlle conta ao presidente provincial das reivindicacións que están mantendo diante do goberno autonómico, e Manuel Baltar transmitiulle o labor que está a facer a Deputación de Ourense neste ámbito,reivindicando unha declaración de zona catastrófica e que se arbitrasen axudas aos produtores para poder paliar a situación.

O presidente provincial tamén informou a Roberto García e aos representantes sindicais de Unións Agrarias das axudas que a Deputación de Ourense achega aos consellos reguladores das catro denominacións de orixe vitivinícolas da provincia, e das xestións realizadas polo presidente provincia diante da consellería deste sector para que produtores da Ribeira Sacra fosen recibidos pola Xunta.

Manuel Baltar expresou “a fonda preocupación”, que comparte cos representantes de Unións Agrarias, pola grave situación dos cultivos afectados pola xeada, e o sindicato quedou en analizar a posibilidade de que a Deputación de Ourense puidera colaborar no futuro para que os efectos negativos da xeada sexan os mínimos posibles.   

Te puede interesar