VIOLENCIA DE XÉNERO

A detección precoz, clave contra a violencia de xénero

O Servizo de Igualdade do Concello de Barbadás acolleu onte a reunión da mesa de seguemento do protocolo contra a violencia de xénero

O Servizo de Igualdade do Concello de Barbadás acolleu onte a reunión da mesa de seguemento do protocolo contra a violencia de xénero, á que, nesta ocasión acudiron representantes da Emume (equipo de mulleres e menores), responsables da Garda Civil e a responsable do programa de muller do centro de saúde, Policía Local, traballadoras sociais, orientadoras dos centros e educadora familiar. 

A reunión, presidida pola concelleira de igualdade, Ánxela González, abordou temas relativos á prevención e intervención sobre a violencia de xénero, facendo fincapé na da coordinación entre sectores. Incidiuse na necesidade de seguir traballando, tanto no eido da prevención como no achegamento de recursos ás vítimas. Tamén se salientou a importancia da atención temperá, poñendo en valor o traballo que se vén facendo. González sinalou que "aínda así, queda moito por facer".

Te puede interesar