TEMPORAL | NEVE

As doce horas dunha familia ourensá na AP-6: "Se non chega a ser pola UME, botaríamos máis tempo"

Xosé Rúas viaxaba coa súa muller e dous nenos pequenos: "Grazas a que levabamos as maletas fumos sacando abrigos durante toda a noite"

Rúas, durante o caos da AP-6
Rúas, durante o caos da AP-6
As doce horas dunha familia ourensá na AP-6: "Se non chega a ser pola UME, botaríamos máis tempo"

Miles de usuarios da AP-6 pasaron a noite na carretera bloqueados pola nevada. Un deles é o ourensán Xosé Rúas, que botou unhas doce horas atrapado na carretera xunto a súa muller e dous nenos pequenos. "Íamos de volta para Galicia e ao ter as maletas fumos sacando abrigos durante toda a noite. O noso temor era non poder ter o coche acendido tanto o tempo, por iso poñíamos a calefacción cada certo tempo e íamos racionando o combustible".

Moitos dos usuarios que se viron atrapados na AP-6 quedaron sen combustible, e por tanto, sen poder acender a calefacción. Os efectivos repartiron mantas e auga, unha situación que Rúas e a súa familia non tiveron que vivir, pero que sentiron moi cerca: "Preto de nós tivo que vir a ambulancia do Exército porque había un neno diabético. A axuda da UME (Unidad Militar de Emergencias) foi imprescindible neste caos. Se non chega a intervir, botaríamos máis das 12 horas que estivemos atrapados", explica este ourensán. Coma outros condutores, insiste na "falta de previsión" e "información": "Non é de recibo que pase isto a 60 kilómetros da capital de España".

A solidaridade chegou á autopista en forma de familias acollendo a outras nos seus vehículos, para evitar o frío dos que quedaron sen combustible. "Víanse coches abandonados na cuneta de xente que xa desistira", explica Rúas. 

"O que máis botei en falta foi a información, o mellor foi a labor do exército", insiste este condutor.