música

La edad de oro del pop español traerá los ochentas a las fiestas de Ourense

fgf
photo_camera La edad de oro.

O grupo formado por Alberto Comesaña, Joaquín Padilla, Pablo Perea e Chus Herranz chega a Ourense cun espectáculo que suma xa máis de 140 concertos

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda formada por Alberto Comesaña (ex líder de Semen Up e Amistades Peligrosas), Joaquín Padilla (cantante de Iguana Tango), Pablo Perea (La Trampa) e a cantante e actriz Chus Herránz, acompañados por unha excelente banda de 4 músicos do máximo nivel.

Traerán ás Festas de Ourense un espectacular directo de cerca de 3 horas de duración, no que realizan un extenso repaso aos temas máis populares e representativos da música pop dos anos 80 e principios dos 90 no noso país. Desde o ano 2014, levan máis de 140 concertos realizados, e inician a cuarta temporada na estrada tras percorrer o ano pasado cidades como Xixón, Palencia, A Coruña, Pamplona, Madrid, Santander, Toledo, Cáceres. “Sabor de amor” (Danza Invisible), “La chica de ayer” (Nacha Pop), “El límite” (La Frontera), “Hijo de la luna” (Mecano), “Déjame” (Mecano), son algunhas das cancións que compoñen o seu directo, que este ano incorpora novos temas ao repertorio e algunhas sorpresas.

A estas alturas teñen pechadas cerca de 30 datas e esperan chegar ás 40, que veñen realizando habitualmente nestes anos.

Te puede interesar