ENTREVISTA

Emilio Fernández e Pachi Reigosa expoñen as súas propostas aos problemas da Universidade

Os dous teñen experiencia no ámbito universitario e coñecen de primera man as problemáticas existentes

Emilio Fernández e Pachi Reigosa expoñen as súas propostas aos problemas da Universidade

Por que este paso?

Emilio Fernández: A universidade está nunha fase nova, os grupos que tradicionalmente existían xa non están activos e isto dá lugar a unha reconfiguración. Unímonos xente de diferentes sensibilidadespara rachar con esa dicotomía que existía e, en segundo lugar, concentrar esforzos no futuro, ter unha visión de longo prazo.

Pachi Reigosa: Levo en política universitaria moitísimo tempo, con inquedanzas e son un dos líderes da oposición de facto. Unha vez rematado o mandato de Salustiano, moita xente dixo que facía falta unha alternativa para cambiar o rumbo da universidade.

Que liñas quere implantar na Universidade?

E.F.: Dúas grandes ideas. A primeira é recuperar a ilusión trala crise e medidas como o decreto Wert con medidas centradas na simplificación administrativa, porque a burocracia supera os límites razonables. En segundo lugar, temos que revalorizar a docencia, revisar as cargas dalgunhas áreas e o problema de financiamento de investigación. Ademais, temos fortalezas, como a posición transfronteiriza, que hai que aproveitar.

P.R.: En primeiro lugar, falamos dunha universidade de persoas ante outros modelos que apostan polo ladrillo. Quereos que as persoas que están dentro teñan unha carreira profesional, con normas claras e que non cambien, que saiban que se cumpren cos requisitos van ter recorrido. Isto é moi importante para a estabilización dos xóvenes e a promoción do resto.

Que balance fai da etapa de Salustiano Mato?

E.F.: Os últimos anos foron dos máis difíciles pola grave crise, polo que hai que avaliar o traballo nese contexto. Hai aspectos positivos como que a Universidade económicamente non está mal, o que nos permite ser optimistas para diseñar políticas expansivas e, por outra banda, como todo goberno tivo erros, que se acentúan nesa desilusión da que falaba.

P.R.: Tocoulle unha época difícil, hai que ser xustos, polos problemas de cartos e normativas externas. O equipo fixo as súas apostas, máis volcadasen planificación económica e ladrillo e se abandonou un pouco ás persoas. A miña visión é negativa.

Que papel debe xogar o Campus de Ourense?

E.F.: Unha das fortalezas desta Universidade é a diversidade, tanto nas disciplinas como na especialización. Ourense está nunha situación bastante positiva se o comparamos con outros de Galicia, ten unha especialización xa iniciada que hai que reforzar, niveis de matriculación dos mellores de Galicia, algúns grupos de investigación dos máis potentes e iso hai que reforzalo. Ourense é estratéxico e conseguir un polo de apoio á investigación é clave.

P.R.: Ten algúns atrancos para medrar, pero hai ferramentas para conseguilo. A pesar de que estamos nunha era na que a administración electrónica debería estar imposta, pero hai moitas cousas que se teñen que facer de xeito centralizado, polo que vemos necesaria unha aposta pola descentralización. Entendemos tamén que hai que fortalecer a investigación. Co currículo do persoal investigador do Campus, pódense facer moitas cousas. Tamén queremos darlle un bo cambio ó cadro de persoal, perxudicado na reordenación, é bastante mellorable.

Ten decidido o vicerrector de Ourense?

E.F.: Téñoo en mente, pero non podo dicir, confío en que pronto se faga público. O  que pretendemos para todo o equipo é crear un equipo sólido, con persoas con experiencia na xestión. En Ourense hai moitísima xente con esas capacidades, outra cosa é que estean dispostas a embarcarse nun traballo que ás veces non se recompensa.

P.R.: Todavía é cedo para anunciar a persoa e estrutura. Ten que ser alguén involucrado, con capacidade demostrada de xestión e totalmente coñecedora do Campus.

A especialización do Campus de Auga é unha prioridade?

E.F.: Si, o Campus da Auga está na fase embrionaria, no deseño estratéxico inicial, cunha acción importante como doutoramento xa en marcha e cun edificio que é un valor, pero resta o máis importante, que exista unha estratexia de investigación para incorporar o maior número de grupos. Outro punto importante sería conseguir o recoñecemento como agrupación estratéxica ou centro singular.

P.R.: Obviamente, hai que seguir apoiándoo, gustaríame que ó final do mandato houbera un centro estratéxico de investigación, por exemplo no campo agroalimentario e ambiental, que é o que está máis preparado. Queremos fortalecer eses agrupamentos de investigadores potentes, son os que darán sustento ó Campus.

É coñecedor dos problemas en enxeñería aeroespacial? Que hai que facer?

E.F.: Estou ó tanto e me preocupa. É unha titulación estrela, sen dúbida, que distingue ó mapa galego. O que acontece é un problema evidente de falta de persoal nalgunhas materias troncais. Pero para os estudantes todas as desculpas non son aceptables, están no dereito de ter unha educación de nivel e a nosa obriga como universidade é que a calidade sexa máxima. Nestes momentos, ten limitacións extraordinariamente serias. Dunha maneira ou outra, hai que solucionalo.

P.R.: Plenamente consciente, houbo erros e, precisamente, nós queremos poñer enriba da mesa a importancia de planificar. É necesaria unha aposta forte por profesionais de primeiro nivel, non é fácil, pero hai que apostar por catedráticos que impartan docencia, monten laboratorios e empecen grupos de investigación. O día seguinte de saír elixidos buscaremos esas persoas.

Hai reivindicacións dos profesores de Física para dar clases. É unha solución?

E.F.: Hai que pensar que é unha escola autónoma que ten a súa dinámica e procedementos. Eles deben tomar decisións, pero ten que ir encamiñada á máxima calidade. Temos que facer un esforzo adicional para que non volva acontecer.

P.R.: Están impartindo moi ben certas materias e algunhas poderían asumilas, pero fai falla profesorado especializado nas áreas específicas.

Hai risco de que Ourense perda titulacións ou podería sumar algunha?

E.F.: As titulacións non corren perigo, podemos estar tranquilos. Con respecto a novas, o mapa de titulacións é extremadamente complexo.

P.R.: En principio todo está encamiñado para que non perigue ningunha. Imos facer unha aposta pola especialización do Campus da Auga para que poida resultar atractiva.