literatura

Un encargo enigmático en Auria

jorge2_result
photo_camera Jorge Emilio Bóveda, escritor ourensán.

O escritor Jorge Bóveda presenta mañá no Espacio Nobel o seu novo libro, con Ourense de telón de fondo e un guiño ao seu avó

Leopoldo Pardo volve ás andadas. O personaxe que acompaña ao escritor ourensán Jorge Emilio Bóveda en varios dos seus libros, volve coma protagonista dunha obra que conxuga a ironía ca revisión de comportamentos sociais de hoxe a través de elementos da cultura galega. Auria é o telón de fondo de "As sete mortes de Leopaldo Pardo", que se presenta mañá as 20,00 horas na librería Espacio Lector Nobel. Eladio Medel e Manuel Bragado acompañarán ao autor durante a presentación.

"Ourense aparece reflexado con diferentes lugares que adoptan outro nome, para non comprometer varios espazos identificables", explica Bóveda. O lector intrépido poderá visualizar os escenarios reais se anda avispado. "Todo existe", fai un guiño o escritor.

“Unha homenaxe ao meu avó"

O personaxe, Leopoldo Pardo, é un ex presidiario e antigo vixilante xurado, que agora traballa como axente de seguros na compañía Nationale Switzerland, en Auria. Este home recibe un encargo misterioso: asegurar sete obxectos emblemáticos da cultura galega porque cada un ten un significado importante. 

A máquina de escribir de Blanco Amor, as lentes de Curros Enríquez ou un exemplar de "Sempre en Galiza", unha copia do orixinal do Estatuto de Autonomía de 1936, a caveira de Breogán e as cordas vogais de Sieiro son seis dos tesouros dos que recibe o encargo o protagonista do libro, pero o sétimo é o máis especial para o autor: un cadro do pintor ourensán Tomás Bóveda, o seu avó, ao que fai un guiño nesta novela. 

"É unha homeaxe a el, que non foi un pintor tan coñecido coma outros", conta o autor. 

Sen facer máis spoiler ao lector, so queda facerse a seguinte pregunta: ¿Será capaz Leopoldo Pardo do salvagardar os obxectos? 

Te puede interesar