ENTREVISTA

“A Escultura é unha forma de pensar o mundo, non é unha fábrica de bonecos"

unnamed-33-_result
photo_camera Fernando de Laiglesia expón na sala Alterarte ata o 4 de novembro.

Juan Fernando de Laiglesia xa facía de neno retratos a lápiz da súa nai. Medrou nun ambiente de arte, música e literatura e estudou en Lima, Milán e Madrid. Veu parar a Galicia para montar a Facultade de Belas Artes fai 26 anos e xa non marchou.

Juan Fernando de Laiglesia xa facía de neno retratos a lápiz da súa nai. Medrou nun ambiente de arte, música e literatura e estudou en Lima, Milán e Madrid. Veu parar a Galicia para montar a Facultade de Belas Artes fai 26 anos e xa non marchou. Hoxe, como catedrático emérito, segue intimamente ligado á universidade, onde está a expor a súa obra "Seis fisterras de auga". 

Hai diferenzas entre o ambiente da universidade antes e agora? 

É diferente. Agora é un traballo máis individual e conectado coas redes informáticas. No meu tempo era un traballo máis ben colectivo, atopábamos sempre aos compañeiros nos talleres a traballar en conxunto e facíamos moitas horas alí. Hoxe en día a fábrica non é tan artesanal coma era antes e a informática incidíu moitísimo na maneira de traballar e no illamento das persoas, que se comunican máis ca rede que co contacto persoal. Por iso ir a ver a obra in situ é moi importante para a comunicación.

Que significa unha sala como Alterarte na universidade? 

É algo fundamental, porque a arte é unha modalidade privilexiada de pensamento complexo. Creo que todas as universidades deberían ter algo similar ao que temos nós en Ourense, é un exemplo de difusión do pensamento profundo e complexo e eso ten que ver cunha idea da arte. Non é unha especie de fábrica de bricolaxe decorativo, senón unha maneira de pensar onde é importantísimo que a universidade teña esta iniciativa.

Como surxe a súa exposición? 

Dunha invitación directa de Xosé Manuel Buxán. Eu propuxen traballar sobre Fisterra como fin das palabras, fin das cousas, como capacidade de resetear o cosmos e esas ideas radicais. Foi tomando corpo coas conversas co comisario Juan Luis Moraza e finalmente decidimos que Ourense era un punto do universo dende o que se podía construir todo o cosmos. 

Como describiría a súa mostra? 

Coma o gabinete de alguén que está pensando mais aló das súas paredes, que está a ocurrir detrás delas. Hai mapas, unha cadeira para sentarse, un debuxo dos casquetes polares, un mapamundi ao que chamamos "mantamundi" porque quere dicir que o mundo debe ser un abrigo, non algo hostil. Todo ese mundo é o que pensamos dende a universidade, non podemos pensar soamente en nós, senón o que pasa arredor.

Como escultor como se sinte respecto ás instalación como esta? 

A escultura é unha forma de pensar o mundo, non é unha fábrica de bonecos. É unha manera de pensar espazos, na escultura entendida de xeito tradicional entendíase como saber moldear, facer os vaciados, fundir... Eso é unha parte para facer as esculturas como corpos, pero dende fai 20 ou 30 anos ten una responsabilidade de pensar o ambiente no que os corpos están. Expandiuse a concepción, non é a fábrica das cousas, é onde están e que pasa con ese espazo. Son as chamadas "instalacións", creación de ambientes onde os obxetos teñen un significado concreto. É unha das maneiras que ten a arte de reflexionar sobre a propia vida.

É a arte dixital o próximo paso?

Ten o problema de que está esquecedo que a arte é plástica, non só  visual. Hai un gran debate sobre si o dixital é unha ferramenta máis, importantísima, marabillosa. Que a arte está ahí? Depende de como un aprete o botón.

Como afecta ao artista e profesor a experiencia no estranxeiro?

É importantísimo para comprender con obxectividade como estamos nós en Galicia, creo que a viaxe é unha das tarefas imprescindibles do profesor e que a Universidade de Vigo ten moi ben o sistema Erasmus. É importantísimo. 

Te puede interesar