Compras

A 1ª Feira Internacional de Antigüidades, Antiq Auria, celébrase esta fin de semana en Expourense

No recinto os compradores atoparán tres sectores diferenciados: a área da antigüidades propiamente ditas, a de coleccionismo  e a de obxectos vintage

Antiq Auria acerca aos ourensáns a oportunidade de comprar produtos de diferentes épocas e de ata 5 países diferentes (España, Portugal, Francia, Suíza e Arxentina), os días 26 e 27 en Expourense. A cita foi presentada este martes nun acto no que participaron o cofundador de "Memoria Antiga" e xerente de Antigüidades Urbano, José Antonio Ferreiro, e a directora adxunta de Expourense, Emma González. 

O obxectivo de Antiq Auria é, en palabras de Ferreiro, "poñer en valor o antigo e que a xente conserve e lle teña cariño as cousas vellas, porque son parte da súa historia".

Na feira os compradores atoparán tres sectores diferenciados: a área da antigüidades propiamente ditas (obxectos con máis de 50 anos), a de coleccionismo (numismática, filatelia, medallas militares, etc) e a de obxectos vintage (aparellos do século XX).

O horario de apertura será, tanto sábado como domingo, de 11,00  a 14,30 horas e de 16,00 a 21,00 horas. O prezo será de 2 euros e a entrada será gratuita para os menores de 12 anos.

Te puede interesar