SUCESO

Falece un home nun accidente de tractor na Gudiña

O suceso tivo lugar as 21,00 horas do pasado domingo na localidade ourensá onde outro home resultou ferido 

Falece un home nun accidente de tractor na Gudiña

Un home de 57 anos faleceu na noite do domingo nun accidente de tractor rexistrado no termo municipal da Gudiña, mentres que outro home de 33 anos resultou ferido.

Segundo informou Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ás 20,59 horas do domingo 16 de xullo recibiu unha alerta por un accidente de tractor na Gudiña, polo que enviou unha ambulancia asistencial e persoal sanitario da localidade.

No lugar foron atendidos dous pacientes, un dos cales faleceu no punto, o home J.B.M., de 57 anos, mentres que J.B.P., de 33 anos, recibiu o alta no sitio.