ENTREVISTA

Pilar López: "Falla a educación na violencia de xénero, as respostas penais son a toro pasado"

Ourense. 02-10-15. Local. Pilar López-Gerrero, decana do colexio de avogados de Ourense.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Pilar López-Guerrero, decana do Colexio Oicial de Avogados.

A decana do Colexio de Avogados de Ourense cumple 25 anos de servizo profesional.

A decana do Colexio de Avogados de Ourense, Pilar López-Guerrero, cumple 25 anos de servizo profesional. Naceu en Santiago de Compostela pero a súa traxectoria comezou en Ourense, cidade á que se trasladou a facer unha sustitución da avogada de Comisións Obreras. Para ela a avogacía é "unha profesión básica e necesaria, na que os veciños poden plantexar os seus conflictos cando non son capaces de solucionalos entre eles", explicou.

Como se atopa o sector da avogacía na provincia?

A crise económica afectounos, como tamén o fixo noutros ámbitos da sociedade. Si que notamos a falla de procedementos debido a que a xente non ten diñeiro para reclamar. Ademáis, ata fai dous anos as taxas, absolutamente abusivas, cercenaron moitísimo o acceso á xustiza. Tamén notamos unha baixada no tema das preferentes e todo isto provocou unha caída nos ingresos derivados das peticións de asesoramento. Sen embargo, isto non significa que se trate dunha profesión en risco de desaparición.

Cantas solicitudes de xustiza gratuita se rexistraron no Colexio no que vai de ano?

No 2014, o Colexio rexistrou 5.119 solicitudes de xustiza gratuita e no que levamos de ano, 3.353. Trátase dun mecanismo para non denegar o acceso á xustiza por motivos económicos e outro dos requisitos é que a actuación do avogado ou avogada sexa preceptiva. A xustiza gratuíta é un dereito recoñecido na Constitución e nas leis para aquelas persoas con recursos económicos que non chegan aos límites para poder elexir libremente un avogado. Ademais, fai de servizo público aos colexios de avogados. Non obstante, os baremos relacionados coa compensación económica aos compañeiros e compañeiras de xustiza gratuita están desfasados porque hai cambios lexislativos que non están recollidos. Por exemplo, tras a reforma do Código Penal, as persoas xurídicas poden ser imputadas e isto non está recollido nos baremos.

E aos presos tamén se lles inclúe?

Non. Están únicamente incluídos nas apelacións penitenciarias, que son o recurso contra as resolucións da xuíza de vixiancia penitenciaria. A Comisión de Asesoramento Xurídico Penitenciario de Ourense (CAXPOU), da que formo parte dende o ano 1992, fai unha labor de asesoramento xurídico gratuíto aos presos. Subimos tódolos venres, as 52 semanas do ano, á prisión de Pereiro de Aguiar e alí facémoslle os recursos de permisos, clasificacións de grado ou recursos contra sancións disciplinarias, entre outras. Trátase dun labor muy variada e o ano pasado a Comisión atendeu 1.500 consultas de presos e realizou 400 actuacións. Trátase dunha constante da avogacía, non só de Ourense senón do Estado Español, de que a asistencia xurídica gratuíta cubra tamén ás persoas presas.

Unha persona que cumpra os requisitos que antes comentou, a onde se ten que dirixir para solicitar un avogado de oficio?

Pode ir aos xulgados ou vir ao Colexio Oficial de Avogados, localizado na calle Concejo número 22. Terá que cubrir un impreso normalizado da Xunta e presentar unha serie de documentación para tramitar a solicitude. Despois o expediente irá á Comisión de Xustiza Gratuita, que é a que fai a aprobación ou non segundo as circunstancias.

Un dos casos de violencia machista máis dramáticos foi o de Isabel Fuentes, acoitelada polo seu marido mentres se atopaba ingresada no CHUO. Qué é o que está fallando?

É un tema moi difícil. Falla a educación. As respostas penais son sempre respostas a toro pasado e o dereito penal debe ser o fin último de solución de conflictos. Vivimos nunha sociedade machista e patriarcal. As mulleres nutrímonos diariamente de micromachismos e mentres as mulleres sexamos cidadáns de segunda, produciránse situacións deste tipo. É moi preocupante que estas circunstancias se den en relacións entre persoas moi novas. Outro dos problemas é a falta de medios. Cónstame que hai vontade por parte dos policías e das policías que están no SAF -Servicio de Atención ás Familias- pero non hai medios. Por exemplo, as mulleres deberían ser atendidas por un psicólogo cando van á Comisaría a poñer unha denuncia. Isto fai que as mulleres se sIntan moi impotentes. Despois, hai temas sangrantes de descoordinación como o caso de Isabel, que haberá que pedir responsabilidades e creo que neste sentido a Marcha Mundial das Mulleres está colaborando.

Cal é a súa opinión Á normativa que regula os dronEs?

Os drones teñen utilidade no campo do Dereito respeCto aos temas de servidume, por exemplo, pero tamén teñen a súa parte moi perigosa como é a intromisión na intimidade, como tivo no seu momento o debate sobre as cámaras na calle ou nos centros de traballo. Creo que está moi verde o tema do control lexislativo. De feito, as poucas normas que hai estanse centrando máis nos sistemas de control técnico que nos sistemas de protección cidadáN. Paréceme unha ferramenta útil pero tódalas cousas que dende o ámbito militar ou de seguridade pasan ao ámbito cidadá, é importante non perder a perspectiva de para qué foron creadas e o alcance que poden ter na intimidade das persoas

Unha das súas pretensións en decembro de 2014 cando foi elexida era mellorar a comunicación entre os colexiados. Como vai iso?

Avanzamos bastante na fluidez de comunicacións. Por exemplo, o mércores 30 de setembro tivemos unha asamblea informativa polos temas de competencia -o Colexio foi sancionado pola Comisión Galega de Competencia por publicar un anuncio pagado dicindo que ante o conflicto das preferentes, os veciños consultaran co seu avogado- é foi unha tremenda satisfacción persoaL ver despois de anos unha reunión na que participaron unhas 70 persoas.

Cantos letrados hai colexiados?

Actualmente, somos 1.600 colexiados e colexiadas. Destes, 700 son exercentes e 900 non exercentes. Somos un Colexio medio, en comparación cós 83 que hai distribuidos no estado español.

Te puede interesar