CULTURA

"Feito en Ourense" congrega a emprendedores do audiovisual ourensán na Farixa

photo_camera Almudena Dapena, Alfonso Miguez, Simón Vázquez y Fabián Gómez.

Bruno Nieto, Alfonso Míguez y Simón Vázquez demostrarán que un "grupo de amigos pode mover o mundo"

O salón de actos do CIFP A Farixa acollerá a segunda edición das xornadas "Cultura en Producción" baixo o nome de "Feito en Ourense". As ponencias darán a coñecer os pormenores dos tres proxectos máis ambiciosos que se están a desenvolver na cidade.

As webseries "P.I.B." de Alfonso Míguez, "El Quid" de Bruno Nieto e a longametraxe "Las Brujas de E´Lente" de Simón Vázquez serán as protagonistas das charlas nas que se analizará o proceso de producción e edición audiovisual.

Esta mesma tarde no Bar Orellas estrarase o segundo capítulo e o terceiro da serie dixital "P.I.B." as 21,00 horas. Unha producción feita con estudantes e xente principiante. Os organizadores animaron a todos a asistir e recordaron que as xornadas serán gratuitas e abertas a todos os públicos.

Te puede interesar