TRÁFICO

Ferido un ciclista na Avenida de Buenos Aires tras golpear ca porta dun coche

O home de 43 anos tivo que ser trasladado a Cosaga en ambulancia

Un home resultou ferido ao ser golpeado por un turismo cando circulaba en bicicleta en Ourense.

Uns minutos antes das 13,00 horas tivo lugar o sinistro cun ciclista ferido ao golpealo a porta dun coche á altura do número 158 da Avenida Bos Aires en Ourense.

Foron mobilizados a Policía Local, Protección Civil e o 061, que desprazou unha ambulancia asistencial que levou a Cosaga a un home duns 43 anos de idade.

Te puede interesar