VIDA

As ferreñas marcan o ritmo

photo_camera As Escachaferreñas.

Baixo o nome de As Escachaferreñas este grupo de mozas levan o son da pandeireta e as súas voces alá onde as requiren, poñendo o toque máis festeiro a través da música tradicional galega.

Cómo naceu o grupo?

 Inicialmente como unha necesidade de ensaiar e tocar mais aló das clases. Foi entón cando apareceu a oportunidade de participar nos cantos de taberna de Ourense Hai que cantar!” o que propiciou a formación e fundación do grupo, e desde entón, apuntámonos a todo ao que podemos.

O nome, cando menos é peculiar. A qué se debe?

As ferreñas son as "sonajas" da pandeireta e ao principio, cando empezamos, máis que tocar, "escachábamos" o son.  Con este antecedente, barallabamos varias opcións e foi a nosa profesora Ana Belén Rodríguez da Escola de Gaitas da Diputación (campus universitario) á que se lle ocorreu o nome, e non podemos negalo, éste vennos ao pelo xa que sempre estamos ca pandeireta a voltas. Pero agora xa sen "escachar" as ferreñas!

Porqué este estilo de música?

Porque nos encanta. Sempre aproveitabamos calquer acontecemento e xuntanza para arrancarnos a cantar, faltabanos un instrumento para ter a escusa de poder actuar e xa o temos. É unha boa maneira de manter a tradición galega.

Cómo vos acolle o público nas vosas actuacións?

Público é unha palabra que se nos ven grande. En realidade, simplemente somos un grupo de amigas que se xuntan para gozar cantando e tocando. Nós o que pretendemos é involucrar a xente, que o pasen ben e participen. De feito, co paso do tempo e das actuacións, comprobamos que recibimos moito máis do que aportamos, sendo o principal impulso para seguir adiante.

Qué é o que máis vos gusta de tocar e cantar en directo?

A cercanía da xente e a súa colaboración bailando e cantando. Montar festa, coñecer xente nova, pasalo ben e desfrutar da gastronomía popular e do ambiente que se crea.

Cómo vedes a música galega no panorama musical?

Non sei se é porque agora estamos máis involucradas, pero parece que está habendo un pequeno rexurdir da man de grandes e pequenos/as artistas. Sen embargo debería promocionarse máis, xa que forma parte da nosa cultura e ten un gran valor para todas nós, polo tanto deberíamos impulsala e favorecer a súa difusión.

En qué notades ese auxe?

Nótase en eventos como O Venrespirar e os cantos de taberna Hai que Cantar! aos que lles estamos ben agradecidas e nos que cada vez hai unha maior presencia e participación. Tamén hai asociacións culturais, veciñais… que ofertan entre as súas actividades clases de canto, pandeireta e baile tradicional, que axudan indudablemente a este rexurdir. Pero sí botamos en falta máis foliadas, encontros tradicionais, e bares que colaboren, sobre todo na cidade, xa que a oferta aquí é escasa.

Algún proxecto no futuro das Escachaferreñas?

De momento seguir aprendendo, viaxar máis, tocar en sitios novos e, por suposto, repetir nos vellos.

Te puede interesar