PRÓXIMOS EVENTOS

Festa de San Lázaro en Ourense

Será este domingo 2 de abril, cos tradicionais postos de rosquillas e a queima das madamitas. 

A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 2 de abril, a tradicional festa de San Lázaro, que cada ano, quince días antes da Semana Santa, marca a benvida da primavera.

Durante a xornada do sábado, 1 de abril, e o domingo, 2, estarán instalados arredor do Parque de San Lázaro, os postos de rosquillas e lambetadas, tradicionais desta celebración

As actividades propias da festa serán o domingo. Ás 11.45 h haberá alborada cos gaiteiros "Gomes Mouro" e cabezudos polas rúas do Paseo, Santo Domingo e parque San Lázaro.

Ás 13:00 horas será a Queima das madamitas a cargo da Pirotecnia Josman.

En canto aos actos litúrxicos, haberá misa na honra de San Lázaro, ás 11 da mañá na igrexa parroquial de Sto. Domingo e de seguido a procesión ata a Conventual dos PP. Franciscanos, aos que asistirá a Corporación Municipal.

Barrio do Peliquín

O barrio do Peliquín tamén celebra o San Lázaro, desde que na década dos anos 80 a igrexa que estaba no Parque de San Lázaro foi levada e reconstruída en Peliquín.

O sábado, 1, a partir das 21:30 horas, haberá verbena coa Orquestra La favorita, e o domingo, 2 pasarrúas cun grupo de gaitas, misa e procesión, e ás 18:30 horas baile infantil e ás 21:30 horas, festa co grupo Aramio.

Te puede interesar