OUFF

Nace Áncora, o foro de posproducción do festival OUFF

Entregará dous premios, o cinemar films, dotado con 7.000 euros, e o premio NUMAX, de 4.000 euros

O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e Agadic, crea Áncora, un foro de posprodución, cuxa primeira edición será do 20 ao 27 e outubro. 

Ofrecerá asesoramento e favorecerá o investimento en proxectos cinematográficos nunha fase de produción avanzada, axudándoos a que se completen nas mellores condicións posibles. Poden participar filmes de produción galega ou portuguesa que se atopen iniciando a súa fase de posprodución, coa rodaxe xa terminada ou que estean nun proceso avanzado da mesma.

O OUFF seleccionará de entre todos os solicitantes catro proxectos, dos cales un como mínimo será de produción ou direción galega.

Comité asesor

Un comité asesor, do que están convidados a formar parte tres profesionais do sector, será o encargado de elixir que dous filmes levan os premios dos que Áncora fai entrega: o Premio Cinemar Films (valorado en 7.000 euros) e o Premio Numax (valorado en 4.000 euros).

Tódolos interesados en participar no concurso deben enviar os seus proxectos a [email protected] ata o próximo 23 de setembro.

Te puede interesar