CONCELLO DE OURENSE

Finalizan as melloras no albergue de animais de Ourense

O Concello adicou 60.100 euros para esta reforma na que destacan a creación de novas xaulas para a hospitalización de animais, a gateira para gatos xóvenes e a substitución das portas metálicas

Os traballos de mellora das instalacións do albergue de animais xa están finalizados, así o anunciou o Concello de Ourense que para estas obras adicou 60.100 euros. No centro se levaron cinco actuacións diferentes.

O primeiro eixe dos traballos foi a reconversión do pato na zona de cuarentena para cachorros, que se dividíu en dous espazos diferenciados. Tamén se levou a cabo a división do patio para cans. A maiores, tamén se crearon 8 novas xaulas para a hospitalización de animais grandes. 

Outro das labores foi crear unha gateira para gatos xóvenes, ata o momento  había 3, pero eran para gatos adultos. 

Para completar a reforma, se puxeron os peches e portas que dan acceso aos patios. 

Te puede interesar