COMUNICACIÓN

O II Foro da Comunicación abogou pola profesionalización

Empresas, universidades, alumnos e xornalistas analizaron o futuro da innovación no sector

Reivindicar a comunicación elaborada por profesionais (tamén nas redes sociais) como ferramenta diferenciadora, analizar os novos perfís laborais xurdidos da irrupción das redes sociais e avaliar a calidade da información nun contexto de crise foron os eixos sobre os que xirou o II Foro da Comunicación de Galicia celebrado onte en Expourense e que reuniu a máis de 200 asistentes entre profesores de universidade, alumnos e profesionais e emprendedores do sector da comunicación e os medios audiovisuais. 

Máis de 20 relatores explicaron os conceptos básicos para entender a comunicación na actualidade, que pasa porque xa non é un proceso liñal, senón circular xa que o cliente final se converte agora en prescriptor da información que recibe ("prosumer"), da tendencia de contar historias para chegar ó cliente a través de elementos como o afecto ("storytelling"- a distancia máis curta entre dúas persoas é unha boa historia), ou da narración multiplataforma (Transmedia) deixando a comunicación nas mans dos usuarios e do público buscando, non clientes, senon sobre todo cómplices (deposita a historia nas súas mans e eles encargaranse de contar o que ti non podes).



Igualdade de xénero

Todo iso na sesión de mañá porque na sesión de tarde, o Foro da Comunicación analizou temas de actualidade como a mesa de debate sobre a igualdade de xéneros nos medios e contou coa participación da profesora da Universidade Autónoma de Barcelona, Elvira Altes, que imparte un seminario “Bo xornalismo con perspectiva de xénero” que estivo acompañada por xornalistas destacadas na defensa da igualdade de xénero como Sonia Torre ou Antonio Nespereira, de La Región.

Outro dos temas abordados nos debates foi a análise da situación dos profesionais no ámbito da comunicación institucional en Galicia, os que traballan an gabinetes de institucións e organismos públicos, e as funcións dos titulados en Ciencias da Información nas administracións públicas e a última das mesas abordou o tema do uso do galego na comunicación e nela participaron representantes do Consello da Cultura Galega, do Foro Peinador e a Asociación Punto Gal.

O comunicador Xosé María García Palmeiro recibiú, ó remate do foro, un recoñecemento polos seus máis de 40 anos de profesión e polo seu traballo na defensa dos dereitos e a independencia dos xornalistas en Galicia.

Te puede interesar