Francisco Javier Feijóo, correxedor de honra da Festa do Boi 2013

Francisco Javier Feijoo será o correxedor de honra da Festa do Boi 2013. A asociación cultural Xan de Arzúa decidiu asignarlle ese papel honorífico en recoñecemento ó traballo que na organización da festa desempeñou nos últimos anos. Os seus antecesores nesa simbólica función foron os tamén veciños de Allariz Antonio Nogueiras Camba, Luis Nogueiras Fernández e Alberto Rodríguez.
O correxedor de honra, que revive a figura medieval do correxedor da vila, é o encargado de dar por iniciada a Festa do Boi. É unha recreación posta en marcha hai poucos anos, coa que a asociación trata de agradecer o traballo desinteresado de determinados veciños.

O próximo 25 de maio, as 20,00 horas, no Campo da Barreira, o correxedor de honra entregaralle a outro personaxe medieval, o fiscal, o sedeño co que se guiarán os bois durante a festa.

Te puede interesar