CULTURA

A Fundación Otero Pedrayo propón as súas pezas do mes

Este sábado comeza a actividade con "O souto dos gatos", regalo de Castelao ao escritor ourensán

 A Fundación Otero Pedrayo inicia o ano cunha nova proposta para a cidadanía: as pezas do mes oterianas. A partir deste sábado 19, a entidade da comezo á actividade, na que se achegará ao público o cadro de Alfonso Rodríguez Castelao "O souto dos gatos", regalo ao autor ourensán. 

"A peza do mes é unha costume en moitas institucións culturais, no noso caso serán obras que se vencellan a Otero", explicou Juan Luis Saco, presidente da fundación, durante o acto de presentación da iniciativa. "Fan falta vías para relacionar as entidades co público", salientou o secretario, Afonso Vázquez-Monxardín. Cada peza será introducida cunha pequena conferencia no Liceo, para despois subir a obra ao Pazo de Trasalba, onde os cidadáns poderán visitala.

"Serán presentacións de media hora, algunhas pezas poderán traerse, as de menor tamaño, e das outras teremos representacións", afirmou Monxardín. Despois das charlas, os participantes terán a ocasión de compartir un Ribeiro -o viño oteriano- . "A nosa ventaxa é que Otero Pedrayo vivía nunha casa grande na que hai moitos agasallos e na que tivo moita actividade", engadiu o secretario. Javier Casares, presidente do Liceo, agradeceu a colaboración coa Fundación e remarcou a importancia da figura de Otero.


Próximas pezas

A peza de xaneiro, "O souto dos gatos" de Castelao, será presentado este sábado por Miguel Anxo Seixas, secretario da Fundación Castelao e especialista en Otero. Monxardín adiantou que a peza de febreiro será a toga e o birrete  do autor, presentada por Juan Luis Saco, con motivo do centenario da súa cátedra de maestro. A sela de montar do pai de Otero, introducira pola investigadora Patricia Arias, será a peza de marzo, e a de abril, o derradeiro manuscrito do autor, presentado por Afonso Vázquez-Monxardín.

Te puede interesar