TECNOLOXÍA

"Futuro dos drons? Ourense ten sinerxias empresariais e potencial tecnolóxico"

vbvbvbvbvbv
photo_camera José Manuel Martínez Pérez.

José Manuel Martínez Pérez é o Presidente da Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación

Do 31 de marzo ao 2 de abril  Ourense acollerá o I Dron International Congress Galicia, o primeiro congreso adicado aos drons na comunidade autonóma galega. Un evento que chega nun intre no que estos aparellos –"un aparato teledirixido que funciona de forma autónoma, que pode ser aéreo, terrestre ou acuático"– collen forza en Galicia. 

As xornadas, que terán como sede Expourense e o Paco Paz, están organizadas polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación e a Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación (AGGETT), unha entidade presidida polo ourensán José Manuel Martínez. 

Por que se elixiu Ourense para a celebración deste simposio?
Vai ser un congreso internacional. De aí ao seu nome. Elixiuse Ourense pola sinerxia que hai entre as empresas e o gran potencial a nivel tecnolóxico. O apoio institucional foi brutal. A Universidade de Vigo tamén ten unha parte importante coa implantación do grao en Enxeñaría Aeroespacial. Hai empresas ourensanas como Aerocámaras ou Egatel que asistirán ao congreso. A Deputación de Ourense tamén participa no evento. O goberno de Manuel Baltar  é un dos maiores impulsores ao apoiar o desenrolo do congreso como promotor, ademais de facilitarnos os espazos do Paco Paz. Pola súa banda, Caldaria acollerá nos seus hoteis aos ponentes. 

A industria dos drons arranca nesta terra?
Está máis implantada do que semella, tanto en Ourense, con empresas no Parque Tecnolóxico que traballan neste sector, coma en Galicia. A Xunta e a Axencia Galega de Innovación sacarán unhas liñas de inversión de preto de 14 millóns para pemes e grandes empresas.

Con que obxectivo organizase este evento na cidade?
Para achegar a industria do dron ao público en xeral e, de forma particular, aos profesionais tanto do sector aeronáutico como o de telecomunicacións que nós representamos. Non ten coste ningún e o aforo é limitado.Temos un acordo con Renfe que fará descontos aos asistentes así como con Autos González. Polo momento,  temos solicitudes de Vigo, Madrid, Almendralejo, Barcelona e Portugal.

Que programa teñen previsto?
O venres 31 de marzo celebrarase en Expourense unha xornada orientada a lexislación con mesas redondas,  nas que se debatirá o novo Real Decreto sobre os usos dos drons. Dende a tarde do vernes e durante o sábado 1 de abril, o evento terá un carácter profesional con empresas relevantes do sector que explicarán os seus proxectos. Por exemplo, Aerocámaras, que traballa ca Deputación na misión comercial con Estados Unidos en temas de defensa, participará ca mesa redonda "La formación de drones, una nueva salida laboral". O domingo será un día máis lúdico e familiar. No Paco Paz teremos unha carreira de exhibición destes vehículos. Virán pilotos de talla mundial como é o caso de Dani Pacha.

Cal é o papel dos enxeñeiros en telecomunicacións na construcción dun dron?
Os "telecos" non facemos voar avións pero si facemos sensores; recollemos e procesamos información, a transmitimos de forma segura e a analizamos. Aí é onde está o valor engadido. Xogamos un papel fundamental nas ordes que se lle dan ao aparello. 

Chegaron para quedarse?
Indudablemente. E cun futuro imparable, en moitos ámbitos. 

Cales son as súas posibles aplicacións prácticas?
Por exemplo, no transporte de paquetería ou na pesca. Sen ir máis lonxe, aempresa Marine Instruments presentará en Ourense un proxecto para localizar bancos de atún, polo que non fará falta xente en alta mar nesas condicións para conseguir unha boa pesca. Telematicamente, a distancia, poderase facer. Tamén na agricultura ou no ámbito eléctrico, de tal forma que non é preciso que un operario vaia á cima dun monte a revisar unha torreta. Agora faise cun dron.

Semella que os drons destruirán postos de traballo...
Non se están destruindo senón construindo postos de traballo novos, encargados da supervisión, mantemento e desenrolo do dron. 

Te puede interesar