ENTREVISTA

"Hai máis bautismos de adultos pola inmigración"

Raúl Alfonso González, delegado episcopal de asuntos económicos da Diócese de Ourense, reflexiona sobre a situación da institución relixiosa durante o ano 2017 e destaca a importancia dos fieis voluntarios

Raúl Alfonso González.
Raúl Alfonso González.
"Hai máis bautismos de adultos pola inmigración"

Cantos ourensanos acuden a misa cada domingo na Diócesis de Ourense?

Ao redor de 60.000 ourensanos acuden á eucaristía cada domingo nas parroquias da provincia, sen contar a parte oriental que pertence a Diócese de Astorga. É un servizo que a xente segue reclamando, tamén polo que leva de momento de encontro e de compartir á vida.

Mantéñense os bautizos na provincia?

Si, durante o ano 2017 realizáronse ao redor de 1.000 bautismos. Isto quere dicir que preto de 1.000 familias requeriron os servizos da nosa Diócese.

E a implicación dos adultos?

Este ano hai un grupo importante de adultos que se queren confirmar na provincia e que se están reunindo cada mes para recibir unha formación distinta da que se lle da aos rapaces. Serán confirmados polo obipo de Ourense na misa de Pentecostés, no mes de maio. É algo totalmente novo.

Tamén hai bautismos entre os maiores?

Están aumentando, sobre todo polo efecto migratorio. Ao facerse xa de adultos, recíbese ao mesmo tempo o bautismo, a comunión e a confirmación, porque son como un gran sacramento. Os novos cristiáns recíbenos tamén na Catedral do obispo, durante a noite do Sábado Santo, na Vixilia Pascual.

O número de sacerdotes redúcese cada ano.

Por iso destacamos a importancia dos axentes pastorais na memoria deste ano, porque está aumentando o número de persoas implicadas na Igrexa. Actualmente hai 180 sacerdotes que están en parroquias -dos más de 290 que están rexistrados na provincia-, pero hai cerca de 400 relixiosos implicados e 1.000 catequistas, ademais de persoas que se implican na vida cristiá e que permite que a labor pastoral se leve a cabo con dignidade.