ENTREVISTA

“Hai que recordar as raíces, escribir do rural para que non se olvide"

rucadri
photo_camera Ricardo Cid, durante a presentación da súa obra no Valcárcel.

O ourensán Ricardo Cid vén de gañar o concurso "Balbino" de relatos

"De que falarán as árbores" é o título do primeiro libro do ourensán Ricardo Cid. Vén de gañar o concurso "Balbino" de relatos para promocionar a literatura galega e presentou onte no Valcárcel esta obra, vencellada ao rural. Veterinario de profesión, escribir foi sempre o seu pasatempo.

De todos os do currículo, que significa este premio?
É un pouco diferente porque vai vencellado á figura de Neira Vilas e supón a publicación dun libro dos meus relatos en solitario, ata agora só eran antoloxías.

E “de que falarán as árbores"?
O concurso tiña que ter temática rural e son historias dese mundo. Antes xa tiña relatos con este escenario, porque pola miña profesión estou moi en contacto co campo e xurdíanme historias. Sempre me gustaba moito cando os meus avós me contaban cousas. 

O escenario céntrase no rural actual?
Hai de todo, tamén vou ao pasado con algún relato do contrabando ou da época da Guerra Civil. Principalmente hai pinceladas de acontecementos do século XX.

A literatura de hoxe aposta o suficiente polo rural?
Non. No meu caso hai outro tipo de literatura que me gustaría escribir, pero sempre vou a este tipo de relatos costumista porque é o que mellor me sae. Ao meu parecer, hai xente nova que creo que non lle interesa nada o rural.
 

Vostede si aposta por el.
De cando en vez hai que darlle vida, acordarse das nosas raíces. Se se deixa de escribir do rural parece que todo queda olvidado. Mentres haxa un ou dous que teñan interese...

Pensa xa no seguinte libro?
Antes deste premio, tiña relatos para facer un recopilatorio. Deixareino un pouco máis para adiante. Eu xa escribía cando era neno, para min é unha afección. 

Te puede interesar