IGREXA - OURENSE

A Igrexa calcula en 142 millóns o que aporta ao PIB provincial

Catedral de Ourense.
photo_camera Misa Crismal na Catedral de Ourense, o pasado mes de marzo.

A Diócese pide a colaboración das institucións públicas para manter o patrimonio eclesiástico

A Diócese de Ourense manexou o ano pasado un orzamento de case 8 millóns de euros, tal e como explica Raúl Alfonso González, delegado episcopal de asuntos económicos, quen explica que esta cifra leva manténdose durante os últimos anos. "Axustámonos ao orzamento que temos para repartilo entre as diversas actividades da Diócese, que son moitas", razoa.

Ao redor do 50% destes fondos provén da asignación tributaria, a través da casilla de donación á Igrexa da campaña da Renta. "Somos dependientes desa recadación e da solidaridade entre dióceses, xa que as grandes axudan as pequenas" explica González. As aportacións voluntarias dos fieis supoñen o resto da dotación, que no caso das parroquias máis pequenas convírtense nunha fonte de ingresos "imprescindible" para a súa existencia. O delegado expón que a colaboración das institucións públicas faise necesaria para manter o patrimonio relixioso, artístico e arquitectónico da provincia, que segundo as súas estimacións xerou durante 2017 un total de 142 millóns de impacto no PIB ourensán. "Para nós é unha gran responsabilidade manter e conservar este patrimonio, ademais de asegurarnos que cumpla coa súa función pastoral", explica. "As axudas que veñen das institucións para patrimonio seguen sendo as mesmas que fai tempo, se cadra cada ano un pouco máis recortadas", engade.


ACCIÓN DE DIVERSO TIPO


A Diócese realiza proxectos en diversas áreas de actuación -celebrativa, evanxelizadora, pastoral, educativa, social e patrimonial-, que traballa para dar a coñecer entre a poboación ourensá. "A mellor forma de saber o que facemos nós é achegarse á nosa comunidade e velo in situ", afirma González. O delegado resalta a importancia do capital humano en todos os seus proxectos, que sitúa coma a forza máis relevante dentro da Igrexa, xa que é o "motor" que permite que se leven a cabo gran parte das súas tarefas. Sobre todo nun momento como o actual, no que se reduce o número de sacerdotes activos cada ano. Do mesmo xeito, convida aos cidadáns a formar parte da "gran familia" da Diócesis, que abrangue dende o último bebé bautizado na provincia ata o obispo.

Te puede interesar