FUEGOS FORESTALES

Cinco incendios extinguidos na provincia de Ourense

camion
photo_camera Unha autobomba calcinada nun incendio en A Mezquita publicada polo Twitter

O último foi o que se rexistrou en Cualedro-Xironda que foi controlado pola mañá e extinguido pola tarde

O  incendio de Cualegro-Xironda controlouse ás 09:59 horas e extinguiuse ás 18:20 horas. No seu control levan traballado 1 técnico, 10 axentes, 17 brigadas, 9 motobombas, 4 pas e 4 helicópteros. Tamén colaborou a Unidade Militar de Emerxencias, voluntarios de Protección Civil e bombeiros comarcais.

Entrimo
Quedou extinguido ás 13:40 horas o lume do concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa, que comezou o martes ás 18:46 horas e que tamén afectou o municipio colindante de Lobios. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 62 axentes, 164 brigadas, 84 motobombas, 2 pas, 13 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais e bombeiros comarcais.

Laza-Castro de Laza
Tamén foi extinguido ás 13:14 horas o incendio do concello de Laza, parroquia de Castro de Laza, que comezou ás 16:52 horas de onte. No seu control traballaron 2 axentes, 11 brigadas, 5 mobotombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións. Tamén participaron membros de Protección Civil e dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais.

Laza-Camba
Neste mesmo concello de Laza foi extinguido ás 13:24 horas outro incendio, na parroquia de Camba, que comezaba ás 23:27 do domingo. Na súa extinción traballaron 5 axentes, 11 brigadas, 3 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 3 avións.

Monterrei-Rebordondo
Tamén está extinguido desde as 15:55 horas o lume que comezaba onte ás 16:58 no concello de Monterrei, parroquia de Rebordondo. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 4 axentes, 7 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións, ademais dos bombeiros comarcais.

Te puede interesar