LLEGADA DE LA PRIMAVERA

O inverno despídese en Ourense coa mínima de -6,8 grados en A Veiga

O municipio do oriente ourensán foi o máis frío na última noite de inverno e séguelle Carballeda de Valdeorras con -5,7 grados

O municipio ourensán da Veiga rexistrou a temperatura mínima de Galicia nas primeiras horas da mañá deste martes, con -6,8 graos centígrados nunha xornada na que o inverno dará paso á primavera.

Segundo os datos de Meteogalicia até as 10,00 horas, A Veiga rexistrou ás 8,30 horas a temperatura máis baixa de Galicia, seguida de Carballeda de Valdeorras (Ourense), á mesma hora, con -5,7ºC.

Mentres, na montaña de Lugo rexistráronse outros valores mínimos significativos como os -4,2 graos centígrados en Cervantes e os -4,1 en Pedrafita do Cebreiro.

Pola súa banda, en localidades con altitude menor de 900 metros, os valores térmicos mínimos significativos corresponderon a Folgoso do Courel (Lugo), con -1ºC, Samos e A Fonsagrada (Lugo), con -0,6ºC, Chantada (Lugo), con -0,5ºC, e Viana do Bolo (Ourense), con -0,4ºC.

Te puede interesar