ENTREVISTA

Iris Justo nos acerca a la tradición del Entroido

OURENSE. 15.01.2016 VERIN, PLAZA DO CIGARRON, IRIS SOUTO, REALIZADORA AUDIOVISUAL. FOTO: MIGUEL ANGLE
photo_camera Iris Justo, comunicadora audiovisual.

O que comenzou como un xogo de tirar e retocar fotos cunha cámara compacta foi mudando e perfeccionandose ata converterse nunha firme idea de futuro profesional para Iris Justo

Dende nena Iris Justo sentíu atracción polo mundo do audiovisual. Ademais de exposicións fotográficas, o calendario do Verín C.F “Lume” cos que tamén tivo a ocasión de colaborar conxuntamente con Rubén Riós nun vídeo viral é autora, entre outros traballos, do documental "Zamarras negras" no que recolle a vida destas figuras do Entroido de Verín.

“Zamarras Negras" é un documental sobre a figura do Cigarrón, porque elixiu esta temática?

Foi todo hai un ano ante un café con leite como testemuña e de casualidade. Santi, un dos membros de Zamarras Negras, propúxome a idea de facer un vídeo do proceso do cigarrón dende o día 1 de xaneiro ata o martes de Entroido. Como non, aceptei.

Os seus amigos, os Zamarras Negras serían os protagonistas da historia e foi a partir de aquí cando dunha idea que xurdiu nun domingo do Nadal converteuse en todo un reto.
Moito máis alá de querer amosar a figura do cigarrón queriamos chegar ao interior do personaxe: o que sinten, pensan e como o viven. Tamén buscabamos non centrarnos na figura do cigarrón en si, senón en todas aquelas persoas que dunha maneira ou outra contribúen a que sexa posible o Entroido a partir del.

Sinceramente teño que dicir que me transmitiron outra forma de ver o cigarrón e foi un Entroido bastante diferente nese aspecto xa que iso que pretendiamos ensinar amosáronmo primeiramente eles.

Que supuxo para vostede este traballo?

Para min foi un xeito de recuperar a cultura e a tradición deste noso querido Entroido. Vin neles ese sentimento de conservar esas pequenas pinceladas que có paso do tempo pérdense e vin esas ganas de loitar para que se manteñan. O entroido é do pobo, dos nosos antepasados e como respeto deberiamos facer que seguise sendo coma antes.

Cóntenos, como é a figura do Cigarrón e como o viven?

Creo que a primeira vez que vin de verdade como o vive o cigarrón foi mentres grababa o documental. “Zamarras Negras” supuxo para min unha gran aprendizaxe a nivel profesional pero moito máis a nivel persoal. Se a min transmitíronme o que sinten nos días antes de preparación, durante e despois, porque o vivín desde máis adentro, imaxínate o que lles transmiten a todas as persoas de Verín que os ven. Lémbrome da ilusión que tiñan por quedar por primeira vez, como contaban os días, as horas, os minutos e os segundos… Lémbrome as ganas que tiñan de poñer as chocas, coller a zamarra e correr. Como se esforzaban por facer as carreiras o millor posible, como se cordinaban… O máis mínimo detalle do traxe e de levar o cigarrón. Todo tiña que quedar perfecto. Lémbrome tamén de como descubrín o antigo traxe do cigarrón, a verdadeira razón pola cal coidaban tanto esta figura. Chamoume moito a atención a evolución das antigas máscaras con motivos florais en comparación cás de hoxe en día, das cales algúns seguen conservando eses debuxos nas súas caretas.

Chamoume tamén a atención o colorido dos seus traxes, como lucen todos xuntos e a vez diferentes. Basábanse na historia do cigarrón de hai anos, da cal tampouco hai unha historia concreta xa que hai moitas lendas. É moi bonito ver como se involucran no cigarrón moitas máis personas das que levan o traxe. Ver como a xente se une por un sentimento.
Independentemente dos “Zamarras Negras” estoume referindo a todos os cigarróns. O fin e o cabo para min é a verdadeira razón a partir do cal xira o entroido de Verín. Que sería un entroido sen eles?

Como vive unha verinense o Entroido?

Unha verinensa vive o entroido todo o ano. Acaba un e xa se está pensando no seguinte. Vivimos nun esntroido constante pero a verdadeira emoción é cando chega xaneiro e xa escoitas os sons das chocas polas rúas. Instintivamente emerxen os nervios e ese sentimento tanto das persoas que se visten como as que non.

É todo unha conta atrás de que pasen os días e chegue xa. Espérase con moitas ganas. Ganas de rencontrarse coas familias, cós amigos, de cantar e bailar, escoitar as gaitas e panderetas, os folións, ver as rúas cheas de alegría vida e ver á xente unida.

Que considera que ten de especial o Entroido ourensán?

A súa historia. Principalmente todos os personaxes emblemáticos de cada pobo. Que nunha provincia haxa case dez traxes diferentes que simbolicen un Entroido é o que o fai especial. Ver o respeto que se lle ten a un traxe e que non se perda… É máis que un traxe.
É curioso ver como nun lugar tan pequeno existe algo tan grande, desde os cigarróns aos peliqueiros pasando polas pantallas e boteiros. Desde os folións ás charangas e da fariña ás formigas. Cada un víveo ao seu xeito pero vive o entroido. Xa se dice que “vivir o entroido que bonito é, andar de parranda e durmir de pé” jaja.

Se non me equivoco tamén é unha apaixonada da fotografía...

A fotografía é a miña verdadeira paixón. Desde que teño 13 anos empezoume a gustar e parecíame un xogo. Era como a miña particular visión do mundo e podíaa plasmar a través das fotos. Pola miña conta aprendín a retocalas pero aplicábao a montaxes e a facer fotos cun toque de humor. O pasar o tempo vin que isto que aprendía como un xogo que me divertía serviume para aplicalo a outro tipo de fotografía e adicarme a ela dun xeito máis serio.

Te puede interesar